venres, 29 de xullo de 2016

AMPLIACIÓN COLEXIO

Hoxe Venres 29 de xuño, estivo o conselleiro da xunta presentando os planos da ampliación do colexio.
explicaron que empezarán pola construción do bloque de infantil, o que non impedirá o transcurso normal das clases en próximo curso. e no verán do 2017 realizarán as obras de ampliación na planta superior do edificio actual.

deixámosvos unhas fotos dos planos. cando teñamos máis información iremos publicitado
















O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, presentou esta mañá o proxecto de ampliación do CEIP Alfonso D. Rodríguez Castelao, en Navia (Vigo), que suporá un investimento de máis de 3,6 millóns de euros e a creación de 450 prazas escolares. Segundo explicou o titular do departamento educativo da Xunta de Galicia está previsto iniciar neste mesmo ano as obras. De feito, a Consellería xa licitou a primeira fase da reforma e está a redactar o proxecto da segunda delas.

Neste sentido, Román Rodríguez solicitou ao rexedor vigués, Abel Caballero, a maior celeridade posible para asinar no propio centro educativo o convenio polo que o Concello pon a disposición da Xunta os terreos necesarios para a obra. De feito a Consellería ten xa pedido a pertinente licenza municipal para executala, unha vez xa foi supervisado o proxecto.

A este respecto o conselleiro de Cultura e Educación celebrou que por fin se poda avanzar nesta mellora educativa, fundamental para a parroquia viguesa de Navia, tras os atrancos postos polo Goberno municipal. Non en balde, cómpre lembrar que a Consellería comunicou ao Concello no mes de febreiro a aceptación do terreos, e que non foi ata hai escasos días cando se puido confirmar a posta a disposición dos mesmos, trámite imprescindible para a licitación das obras.

Na súa visita, o conselleiro estivo acompañado do delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves; e do secretario xeral técnico da Consellería, Jesús Oitavén.



Dúas fases

A ampliación deste CEIP permitirá ampliar a súa capacidade de unha liña por curso escolar a 3, co fin de dar resposta ao incremento do alumnado do centro en máis dun 25% nestes 5 últimos anos e a previsión de crecemento futuro. Polo tanto, crearanse 450 novas prazas escolares.

A obra desenvolverase en dúas fases. Na primeira delas, xa licitada, construirase un novo módulo independente de educación infantil, con 9 aulas con aseos incorporados, sala polivalente, 3 aulas de desdobre, espazos comúns e instalacións.

Pola súa banda, a segunda fase suporá a demolición da cuberta para posibilitar a ampliación do edificio existente en 1.434,90 m² para 11 aulas – 9 deles polivalentes, 1 de música e outra de informática- de educación primaria e 7 de apoio.


xoves, 28 de xullo de 2016

ENTRADAS CELTA CURSO 2016-2017


A Liga de Fútbol comezará o vindeiro sábado 20 de agosto, pero no Concello ainda non sabe si haberá entradas por mor das obras en Balaídos.

Seguiremos informándovos en canto teñamos novas.

 ANPA O MUIÑO

luns, 25 de xullo de 2016

UMBRALES DE RENTA Y PATRIMONIO PARA BECAS 2016/2017


Real Decreto 293/2016, de 15 de julio, por el que se establecen los umbrales de renta y patrimonio familiar y las cuantías de las becas y ayudas al estudio para el curso 2016-2017, y se modifica parcialmente el Real Decreto 1721/2007, de 21 de diciembre, por el que se establece el régimen de las becas y ayudas al estudio personalizadas. 


Convocatoria de becas y ayudas al estudio de carácter general, dirigidas a las siguientes enseñanzas:
  1. a)  Bachillerato.
  2. b)  Formación Profesional de Grado Medio y de Grado Superior.
  3. c)  Enseñanzas Artísticas Profesionales.
  4. d)  Enseñanzas Deportivas.
  5. e)  Enseñanzas Artísticas superiores.
  6. f)  Estudios religiosos superiores.
  7. g)  Estudios militares superiores y de Grado.
  8. h)  Enseñanzas de idiomas realizados en Escuelas oficiales de titularidad de las Administraciones educativas, incluida la modalidad de distancia.
    i) Cursos de acceso y cursos de preparación para las pruebas de acceso a la Formación Profesional y cursos de formación específicos para el acceso a los Ciclos Formativos de Grado Medio y de Grado Superior impartidos en centros públicos y en centros privados concertados que tengan autorizadas enseñanzas de Formación Profesional.
    j) Formación Profesional Básica.
    k) Enseñanzas universitarias adaptadas al Espacio Europeo de Educación Superior conducentes a títulos oficiales de Grado y de Master
    l) Enseñanzas universitarias conducentes a los títulos oficiales de Licenciado, Ingeniero, Arquitecto, Diplomado, Maestro, Ingeniero Técnico y Arquitecto Técnico.
    m) Curso de preparación para el acceso a la Universidad de mayores de 25 años impartido por Universidades públicas.
    n) Créditos complementarios o complementos de formación necesarios para el acceso u obtención del Máster y del Grado.
2. Convocatoria de ayudas al estudio para estudiantes con necesidad específica de apoyo educativo.

 PUBLICACIÓN BOE

mércores, 20 de xullo de 2016

NOVAS AMPLIACIÓN DO COLEXIO CASTELAO


 OUTRAS NOVAS


LIGAZÓN NOVA XUNTA

Mar, 19/04/2016 - 11:45

CEIP Alfonso D. Rodríguez Castelao

El conselleiro de Cultura y Educación recordó que su departamento va a iniciar este mismo año los trámites para la ampliación del CEIP Alfonso D. Rodríguez Castelao, en la parroquia viguesa de Navia. La este respeto instó al Consejo a remitir la documentación necesaria para firmar lo antes posible el acuerdo de puesta la disposición de los terrenos, una información por la que la Consellería lleva esperando 2 meses.
La actuación en este CEIP permitirá ampliar su capacidad de una línea por curso escolar a 3, con el fin de dar respuesta al incremento del alumnado del centro en más de un 25% en estos 5 últimos años y la previsión de crecimiento futuro. Por lo tanto, se crearán 450 nuevas plazas escolares, con un presupuesto de casi 3,7 millones de euros.
La obra supondrá la demolición de la cubierta para posibilitar la ampliación del edificio existente en 1.434,90 m² para 11 aulas ? 9 de ellos polivalentes, 1 de música y otra de informática-  de educación primaria y 7 de apoyo. Por otra parte se construirá un nuevo módulo independiente de educación infantil, con 9 aulas con aseos incorporados, sala polivalente, 3 aulas de desdoble, espacios comunes e instalaciones.
En cuanto se firme el acuerdo de puesta la disposición de los terrenos por parte del Ayuntamiento a Consellería licitará la redacción del proyecto, un trámite que ya podría haberse realizado si ya se contara con la documentación solicitada al Ayuntamiento hace 2 meses. El objetivo es que el proyecto esté listo para el inicio del nuevo curso y las obras puedan licitarse antes de fin de año.


LIGAZÓN NOVA XUNTA 01-07-2016

Vigo, 1 de xullo de 2016

López-Chaves insistiu en que o Concello debe remitir a documentación requirida para poder firmar o convenio, solicitada xa dende hai 5 meses

Trátase dun proxecto que da resposta ao aumento dun 25% da poboación escolar do entorno de Navia e a previsión de crecemento futuro

Educación ten previsto licitar a primeira fase das obras este verán, para o que é ter os terreos a disposición da Xunta

Na primeira fase de obras executarase o aulario infantil por un importe superior ao millón de euros e onde haberá 9 aulas de 55m2 cada unha, aula de psicomotricidade, zona de xogos exterior de 300 m2 e 2 pistas polideportivas

O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, visitou esta mañá o CEIP Alfonso Rodríguez Castelao de Navia con motivo do proxecto de ampliación do centro. Xunto ao xefe territorial da Consellería de Educación, César Pérez Ares, e persoal da unidade técnica, estivo reunido con responsables do equipo directivo do CEIP para explicarlles de primeira man a situación da ampliación. “O Concello de Vigo aínda non cedeu os 8.000 m2 necesarios para ampliar o colexio. Estamos a esperar por esa cesión”, explicou López-Chaves. A este respecto solicitou ao alcalde da cidade, Abel Caballero, a documentación necesaria para continuar co procedemento e firmar canto antes o convenio de colaboración.
Dentro da documentación requirida solicítase a posta a disposición dos terreos, requisito indispensable para poder formalizar o convenio de cooperación entre Consellería e Concello. Ditos informes xa se pediron dende o departamento que dirixe o conselleiro Román Rodríguez fai 5 meses e, sen ir máis lonxe, reiterouse nunha visita do conselleiro á cidade olívica no mes de abril e, outra vez máis, hai dez días nunha comparecencia pública do delegado territorial ante os medios de comunicación.
Curiosamente, un día despois, o Concello comezou a dar pasos coa tramitación do expediente para levar á xunta de goberno local a segregación e agrupación da parcela de 8.000 m2 en Navia para dita ampliación. Sen embargo, dende a Xunta se continúa á espera dos terreos, que será efectivo cando se firme o convenio de colaboración. “A cesión rematará cando se firme o convenio”, explicou o delegado.
Se ben é certo que dende o Concello se comezou a dar pasos, coma lembrou López-Chaves, aínda falta a remisión de documentación necesaria coma é, por exemplo, a escritura de propiedade da parcela, a declaración do secretario municipal de que a mesma está no inventario de bens e o acordo municipal, entre outros.

Sen estes trámites non se poderá levar a cabo a licitación das obras da primeira fase do CEIP de Navia e que pasarán pola construción dun aulario infantil. “Cando rematen todos os trámites que agora parece que iniciaron, será cando a Xunta poderá licitar a obra”. Dende o departamento educativo se teñen previsto licitar estas obras nestes meses de verán, pero é requisito indispensábel a entrega destes documentos que se solicitan ao Concello así coma a firma do convenio.
Así, unha vez que o documento de colaboración estea rubricado, se licitarán de xeito inmediato estas primeiras obras para o aulario infantil, que contará con 9 aulas de 55m2 cada unha, unha aula de psicomotricidade e un porche-zona de xogos de máis de 300 m2. Terá tamén acceso directo dende a rúa ademais de contemplar a urbanización exterior coa construción de 2 pistas polideportivas. Coma recalcou o delegado, esta primeira fase de obra suporá un investimento superior ao millón de euros.
López-Chaves insistiu así na necesidade de que o Concello continúe coa tramitación para ampliar o centro educativo canto antes. Os datos así o xustifican xa que a Consellería ten constancia dun aumento do 25% da poboación escolar do entorno ademais dunha previsión de crecemento futuro.
A actuación total neste CEIP, coma explicou, permitirá ampliar a súa capacidade de unha liña por curso escolar a 3, polo que se crearán 450 novas prazas cun orzamento total de máis de 3,5 millóns de euros.
A obra total suporá a demolición da cuberta para posibilitar a ampliación do edificio existente en 1.434,90 m² para 11 aulas –9 delas polivalentes, 1 de música e outra de informática– de educación primaria e 7 de apoio. Por outra banda, construirase o novo módulo independente de educación infantil, con 9 aulas con aseos incorporados, sala polivalente, 3 aulas de desdobre, espazos comúns e instalacións.


xoves, 14 de xullo de 2016

NOVA ADSCRICIÓN CENTROS


FOANPAS presentou unha moción no Pleno do Concello de Vigo solicitando un ESTUDO DA ADSCRICIÓN da nosa cidade, para o próximo proceso de admisión aos Centros Educativos.

A nosa Anpa apoia a solicitude dun novo estudo, según se acordou na última asamblea extraordinaria celebrada este curso
Este estudo non é para que escollamos un instituto ou outro, é para que se adscriban ós institutos os colexios por proximidade non por ser mellor ou peor. 

Como é coñecido por todos nos, o noso centro estaba adscrito ó Alvaro Cuáquero, posteriormente pasou o Alexandre Bóveda e este ano, ó non haber plazas para todos os alumnos adscritos, abrieron a posibilidade de solicitar praza a quen o quisexe no IES Valadares.


Texto íntegro da Moción presentada por FOANPAS no Pleno do Concello de Vigo o pasado 4 de xullo.



Solicitude á Consellería de Educación dun estudo para unha nova zonificación escolar en Vigo




Hoxe diríxome a vostedes representando a moitas familias; a un número cada vez máis numeroso e a unhas familias cada vez máis indignadas, familias representadas por ANPAs, ANPAs unidas pola súa Federación.


Resumo moi brevemente a crónica da nosa indignación, para que poidan comprender o porqué da nosa intervención hoxe aquí, neste pleno.


Foi decisión das autoridades en materia de educación, hai xa algúns anos, eliminar o Ensino Secundario Obrigatorio nun dos centros nos que se impartía. Tomaron esta decisión nunha zona escolar desta cidade en expansión demográfica e tomárona coñecendo que o resto dos centros de Secundaria da zona estaban xa coas súas aulas repletas de alumnado. Cunha decisión semellante, sen ofrecer máis alternativa de oferta de ensino público… non é evidente, aos ollos de calquera, o que vai acontecer?


Tomada esta decisión, trasladan en primeiro lugar toda a escolarización do centro pechado a un dos centros de secundaria da zona. Esperan a que este centro se masifique ata estoupar e, despois deste feito, deciden modificar a adscrición, volvendo a repartir a mesma demanda crecente entre os catro centros que xa non daban no momento inicial cabida suficiente. Así trasladan o problema de novo, a un novo centro. Era evidente que este centro se masificaría ata estoupar tamén, pero esa evidencia tampouco foi tal para a Administración.


Aquí comeza o plante das familias, que se posicionan para facer unha doble petición. Por unha banda, para cursos vindeiros, estudo que leve á revisión e modificación da adscrición (única solución posible ao problema de escolarización existente). Por outra banda, para o proceso de admisión neste curso, baremación (tal e como recolle a normativa vixente), dado que a demanda de postos escolares supera a oferta (evidencia matemática que ano tras ano segue sen ser tal para a Administración).


Ter que pedir a baremación entre os adscritos, desde as propias familias, é moi difícil, porque todos os nenos e nenas terían que ter a súa praza garantida no seu centro de adscrición. A baremación entre os adscritos é, sen dúbida, unha consecuencia dun traballo mal feito. Un traballo mal feito que ninguén corrixe; un traballo mal feito que se deixa perdure ao longo do tempo. E que somentes é evidente para nós?


Neste mes de marzo, as Autoridades Educativas comprometéronse verbalmente a modificar a adscrición nun futuro e autorizaron a baremación entre os adscritos. Pero, días despois, prodúcese un cambio na decisión, orientado a permitir que os solicitantes de un dos centros adscritos (concretamente o CEIP Castelao, sito en Navia) trasladen a súa solicitude, xa fóra de prazo, a un dos centros limítrofes (concretamente ao IES Valadares). E acompañando este cambio de parecer, cométense ao noso entender varias irregularidades entre as que destacamos hoxe, aquí, somentes unha:

Comprométese a adscrición futura, anunciando, públicamente, ás familias de Navia, que o seu Centro estará adscrito ao de Valadares o próximo curso. Sabemos que a Xefatura Territorial ten potestade para decidir sobre esta cuestión, pero tal e como establece a normativa vixente, ten que facelo “… oídos os consellos escolares municipais e a xunta provincial de directoras/é, e tras informe da inspección educativa…”.
Esta nova é, por tanto, para nós, repentina, arbitraria, irregular e pouco razoable (a distancia entre eses dous centros é de mais de 10 kilómetros), e da un xiro inesperado á nosa reflexión. Propuxémonos entón analizar a situación dos centros e da adscrición actual, tentando entender os posibles motivos dunha decisión semellante. Froito dese análise, reflectido nun mapa, chaman a nosa atención dous feitos:

En primeiro lugar, non parece que o criterio que subxace tras a adscrición sexa, nalgúns casos, a maior proximidade posible. Como se explica que nenos e nenas asistan a un centro de secundaria que está tres veces máis lonxe que outro no que tamén terían praza?

En segundo lugar, na zona á que nos referimos, na que a oferta de postos escolares públicos non cubre a demanda, dous centros de secundaria poderían albergar máis liñas educativas das que ofrecen se repatisen o seu espazo de xeito distinto. Como se explica que nenos e nenas teñan que desprazarse mais de 10 kilómetros e non se abran esas liñas da ESO que se poderían ofertar?, por que se abren nestes centros máis liñas de bacharelato que de Educación Secundaria Obrigatoria?

A resposta a estes interrogantes chega de mans da Administración Educativa e multiplica a nosa indignación. Desde a Xefatura Territorial, deixáronsenos claras as seguintes cuestións:
En primeiro lugar, que o transporte é intocable. Evidentemente, hai respectar a legalidade e os contratos de transporte establecidos, tal e como se nos indicou pero…, hai que manter un contrato que xa non é adecuado a perpetuidade?, poden as empresas de transporte marcar os horarios e a organización dos centros públicos? En definitiva, as liñas contrátanse ao servizo das necesidades reais de transporte ou é ao revés?

En segundo lugar, se nos aclara que as familias teñen dereito a elixir o centro no que estudan os seus fillos e fillas e que debe defenderse tamén a calidade no ensino. Esta é a razón que explica, segundo as nosas autoridades, que nunha zona escolar na que a oferta de postos escolares da ESO é insuficiente para atender á demanda, existan dous centros que non abren as liñas da ESO que poderían albergar e atender porque reservan o seu espazo e as súas aulas para atender as necesidades de bacharelato de todo o alumnado que provén do ensino concertado. É dicir, hipotecan e blindan o seu espazo para as necesidades futuras do ensino concertado.

Así se nos traslada o argumento: “os pobres que optan por centros concertados, con todo o seu dereito, logo non terán diñeiro suficiente para pagar o bacharelato nos mesmos centros. Por iso hai que reservarlles unha praza de bacharelato o máis preto posible”.

A idea está clara. Pero, para conseguir isto, os que optan por centros públicos han de trasladarse da súa zona xa no ensino obrigatorio, sen esperar ao bacharelato. Xa non terán na ESO praza o mais preto posible. Parece que a procura dos dereitos e a calidade non é a mesma, neste caso, se falamos dos que optan polo ensino público. Esta prioridade implica, aínda por riba, un custo maior á Administración, posto que ten que sufragar o transporte de todo o alumnado na ESO, non así no bacharelato.

Resulta incrible ter que solicitar ás institucións públicas que non ataquen o público. É vergoñento decatarse de que isto acontece.

A revisión da adscrición é o noso obxectivo. Pedimos que se analicen os datos (capacidade dos Centros, poboación e transporte) e que, en función deles, se adscriba cun único criterio: a maior proximidade posible ao lugar de procedencia. Sinalamos tamén que a adscrición debe ter certa vocación de permanencia, tendo en conta os trastornos que carrexa a unha familia que os seus fillos non asistan a clase no mesmo centro (situación da que xa somos testemuñas nos últimos anos).

Chegados a este punto da nosa intervención, este Pleno Municipal entenderá que facemos hoxe aquí: dirixímonos ao órgano de máxima representación política da cidadanía e pedímoslle que, como tal, encabece a nosa petición e inste as Autoridades en materia de Educación a revisar e modificar a adscrición nesta cidade. Pedímoslle a este Pleno que se asegure de que esa revisión teña lugar antes do próximo proceso de admisión de alumnado. Pedímoslle a este Pleno que se preocupe de que esa modificación sexa froito dun estudo, no que non se antepoñan os intereses das empresas de transporte por riba dos intereses das familias e no que non se antepoñan os intereses do ensino concertado por riba dos do ensino público. E agradecemos moito a ocasión que nos teñen brindado para facer esta petición. Moitas grazas!


martes, 12 de xullo de 2016

Exposición Meu Pontevedra! Castelao 1916-1936

museo de pontevedra

Ata o 11 de setembro poderase ver no Sexto Edificio do Museo de Pontevedra a exposición Meu Pontevedra! Castelao 1916-1936, coa que se conmemora a súa chegada á cidade do Lérez en xaneiro de 1916 para ocupar a praza de funcionario de Estatística.
O título recolle o remate do texto escrito por Castelao, xa no exilio, sobre os vinte anos que viviu en Pontevedra.
Nela amosarase, ademais da súa plena integración na vida cultural da cidade, na que participou intensamente, o amplísimo labor desenvolvido nos eidos da creación artística, literaria e, finalmente, política ao se converter en líder do Galeguismo.














Óleos, acuarelas, debuxos, gravados ao linóleo, fotografías, libros, revistas, xornais, cartas e documentos manuscritos, propaganda e carteis electorais... encherán na súa totalidade o espazo de exposicións temporais do Sexto Edificio.
Ademais das obras conservadas no Museo de Pontevedra, algunhas exhibidas agora por primeira vez, reúnense na mostra as doutras institucións e de coleccións particulares, algunhas delas pertencentes a familiares de persoas que estiveron intimamente relacionadas con Castelao.
O 28 de xuño, día escollido para a inauguración da exposición, foi un día emblemático para Galicia. Nel tivo lugar en 1936 a celebración do referendo do Estatuto de Autonomía e tamén nese mesmo día, pero de 1931, celebráronse as eleccións ás Cortes Constituíntes nas que Castelao sería elixido deputado.
Os vinte anos de estadía en Pontevedra, cidade na que sempre se sentiu moi a gusto e que tanto botaría de menos desde o exilio, son os anos nos que Castelao desempeñou a súa actividade profesional como funcionario, nos que dá clases de debuxo no Instituto, nos que realiza múltiples caricaturas de personaxes da cidade e de moitos amigos. Son os anos do ingreso nas Irmandades da Fala, das conferencias sobre arte e galeguismo; da creación dos debuxos do Álbum Nós; da revista Nós; das viaxes de estudos de 1921 (Francia, Bélxica, Alemaña) e 1929 (Bretaña); da participación no Seminario de Estudos Galegos e do ingreso na Real Academia Galega; do labor desempeñado na creación da Sociedad Coral Polifónica e do Museo de Pontevedra; da intensa actividade desempeñada como debuxante e caricaturista en revistas e xornais, algúns deles dunha ampla tirada que o farían moi popular. Son tamén os anos nos que debuxa e estuda cruces e cruceiros; nos que escribe Un ollo de vidro; os relatos de Cousas e Retrincos; a novela Os dous de Sempre; nos que inicia, con Pimpinela, o que será logo Os vellos non deben namorarse. É tamén a época na que ilustra os libros doutros escritores; na que deseña as cabeceiras de diversas publicacións; na que crea ex libris para diferentes amigos; na que traza os escenarios para Divinas palabras de Valle-Inclán . Son anos nos que fai novas amizades pero tamén nos que teñen lugar acontecementos adversos, como os seus problemas coa vista, a perda do seu fillo de catorce anos ou o desterro en Badajoz.
Todos estes aspectos contémplanse nesta exposición na que, así mesmo, se pon de manifesto o cambio ideolóxico que experimentou o artista na súa nova residencia. Este cambio quedou moi ben reflectido nos debuxos orixinais do Álbum Nós, en paradoiro descoñecido desde 1931 e localizados nos traballos de investigación e preparación da mostra, e finalmente ao convertérense, a partires de 1931, en líder do galeguismo, apartado co que se pechará o percorrido expositivo que organiza o museo que el contribuíra a crear.


WEB MUSEO PONTEVEDRA

Horas de apertura ó público
  • De martes a sábados: de 10h a 21h
  • Domingos e festivos: de 11h a 14h
  • Luns: pechado
  • 24, 25, 31 de decembro e 1 e 6 de xaneiro: pechado

mércores, 6 de xullo de 2016

LISTAXES DEFINITIVAS FONDO LIBROS


Prezadas familias, no arquivo adxunto atoparedes as LISTAXES DEFINITIVAS da adxudicación do fondo de libros do colexio.
Lembrade que o reparto de libros se fará a partires do 5 de setembro de 2016.



se alguén quere doar libros só ten que mandar un correo ó ANPA.
"Imos camiño da gratuidade dos libros grazas a solidaridade de vos"

martes, 5 de xullo de 2016

NO VERÁN..... UN CONTO

Novamente o Centro de Interpretación da Oralidade vai facer rular polas rúas, prazas, parques, areais; de Vigo:
contos, regueifas, monicreques, cancións, lendas... dentro do programa "No verán... un conto".

Desde o 6 de xullo ao 2 de setembro.

Achégase o programa de actividades e a súa explicación:



CALENDARIO


MAIS INFORMACIÓN





FONDO LIBROS COLEXIO-ANPA

Onte chegamos a un acordo co colexio para que todas as doazóns de libros vaian directamente ao fondo de libros do colexio. 
Polo que en breve volverán a facer unha lista nova de libros concedidos.


lembramos a todos aqueles que teñan libros na casa e queiran PRESTALOS por un ano, poden mandarnos un correo electrónico para que avisemos ós interesados en recibilos coa condición de devolvelos en perfecto estado o próximo curso.


ANPA O MUIÑO