xoves, 31 de decembro de 2015

FESTA DE NADAL

Dende a ANPA gustaríanos facer unha valoración das festas realizadas e para iso gustaríanos contar coa opinión de todos e todas e así poder seguir mellorando.

Agradeceríamos que nos escribisedes un correo coa vosa opinión e ideas para mellorar ou cun comentario a través deste mesmo blog.

Lembremos que a ANPA somos todos os asociados non só a directiva. e precisamos coñecer as vosas opinions.

A celebración comezou ás catro e media. Iniciáronse os talleres nos que o asombro e a ilusión foron os protagonistas.

O taller de maquillaxe foi xenial, libres para maquillarse entre eles e a si mesmos, gozaron e experimentaron a emoción do proceso sen importar o resultado.
O taller de alimentos foi literalmente ocupado polos maiores, sen tempos nin modelos marcados, experimentaron unha e outra vez, e outra vez máis, as posibilidades de crear desde o seu interior aumentando a confianza nun mesmo e deixando ser quen quere ser.
O barro, "o é todo e nada" di Tonucci e é que se enchen de sensacións, senten perdidos sen saber que facer e vólvense a atopar cheos de asombro ao ver de novo as posibilidades das súas capacidades creadoras.

Tivemos unha representación de Cine ao vivo: "O misterio de Belén". Unha representación onde se usou a imaxinación para facer unha representación atípica. É bo, que tanto maiores como pequenos saibamos cunhas simples figuras ou calquera obxecto facer voar a nosa imaxinación e crear unha historia, un conto....

Visitáronnos os Reis Magos para recoller as cartas que os nenos escribiron.

E como todos os anos tivemos o noso tradicional chocolate con churros.

Dende aquí queremos agradecer a colaboración de todos e todas para que esta festa se poda levar a cabo. Aos monitores de talleres, aos Reis Magos,  aos que prepararon o chocolate, aos que axudaron a deixar todo recollido, aos actores, a dirección por facilitarnos material necesario e espazos e a todos os asistentes.

Saúdos e Feliz Ano!!

venres, 18 de decembro de 2015

ATOPAMOS UNHA CHAVE

Hoxe durante á festa atopouse unha chave de seguridade dunha porta. A persoa interesada pode mandar un correo o Anpa para poder recuperala.

Anpa O  Muiño

xoves, 17 de decembro de 2015

PARTIDO CELTA BILBAO 30 DECEMBRO





Temos as entradas do partido contra o Bilbao.

As persoas que queiran asistir poderán pedir as entradas maná Venres a entrada e saída do colexio ou ben na festa da tarde

Anpa o Muiño

mércores, 16 de decembro de 2015

FESTA DE NAVIDAD VENRES 18

Este venres teremos o tradicional Chocolate Con Churros.

  • Convidamos as Suas Maxestades de Oriente pero non saben se poderán vir os tres, polo momento só confirmou un. Mandáronnos a caixa de correos real  para que os nenos poidan botar as cartas.
    Polo que precisamos que se algún pai/nai/avo... ten contacto cos reis pode poñerse en contacto co ANPA a maior brevedade. Os pequenos do colexio estarán moi agradecidos.
  • Na Ludoteca teremos "Cinema ao Vivo" da ESAD, que se fará en dúas quendas para poder representala para todos.
    A primeira quenda será ás 17:00 e irán os pequenos e os seus pais ata completar aforamento.
    Na segunda quenda, será ao acabar o primeiro co resto de nenos e adultos.
    Sempre con preferencia de nenos sobre maiores.
  • Durante a tarde ofreceranse 3 obradoiros moi interesantes, para nenos e adultos, con iso queremos lembrar a importancia do xogo non estruturado.
  • Tamén haberá un posto para recaudar fondos para a excursión, con rosquillas, galletas, calendarios, números para o sorteo da cesta de nadal….

FESTA NADAL VENRES 18 DECEMBRO

VENRES 18 - FESTA DA ANPA 
DE 16:30 A 19:30 

OBRADOIROS, ACTUACIÓN NA LUDOTECA "O MISTERIO DE BELÉN", CHOCOLATE CON CHURROS, BUZÓN REAL PARA QUE OS NENOS ENTREGUEN AS SÚAS CARTAS

ESPERAMOS A VOSA ASISTENCIA


luns, 14 de decembro de 2015

PORTAS ABERTAS ACTIVIDADE DE PISCINA MAIS QUE AUGA

Este xoves 17 de decembro as nais e pais podedes entrar na psicina de Mais Que Auga a ver aos vosos fillos e fillas. Lebrade que é obrigatorio levar chanclas.

Informamos tamén de que na actividade de piscina haberá vacacións de nadal, co cal a próxima clase será o xoves 7 de xaneiro.


domingo, 13 de decembro de 2015

SOLICITUDE VOLUNTARI@S FESTA DE NADAL



Estamos a preparar a festa de nadal por parte da ANPA, aquelas nais e pais que queiran colaborar nas actividades a levar a cabo: chocolatada, talleres para os nenos e nenas, etc. Poñervos en contacto con algún membro da Xunta directiva ou enviar un correo electrónico a anpaalfonsorodriguezcastelao@yahoo.es.

Moitas Grazas!

sábado, 12 de decembro de 2015

DEBATE SOBRE EDUCACIÓN COS PARTIDOS POLÍTICO XOVES 17 ÁS 18 H


O vindeiro xoves día 17 de decembro en Foanpas han convocado a todas as forzas políticas para participar nun debate público sobre educación (AGE, BNG, Podemos, PP e PSOE). 

Terá lugar no Salón de Actos do IME (Camiño do Chouzo nº 2) ás 18:00 horas. 

Está convidada toda a comunidade educativa de Vigo: nais, pais, Mestres/as, directores/as, orientadores/as, etc. 

A presenza das nais/pais/titores/as neste debate significa poñer de manifesto o noso interese e responsabilidade na educación dos nosos fillos e fillas. 

Confirmar asistencia no 986298812 ou en foanpas@foanpas.com 

CIRCO DE NADAL

TEMOS ENTRADAS PARA O XOVES DÍA 17 ÁS 17:00

ENTRADA ÚNICA 6€ 
(MENORES 3 ANOS GRATIS)

CIRCO DE NADAL 
AVDA. CASTELAO


As persoas interesadas deberán pasar pola Anpa 
(ás 9.00 ou ás 13:50) para recoller a súa entrada. 
Data límite mércores ás 14:00




O XOGO NON ESTRUCTURADO




Por que todos os nen@s deberían xogar con materiais non estruturados



Pero por que é importante ofrecer materiais non estruturados? Pois porque cando lles damos xoguetes aos nen@s cun deseño moi específico (ferramentas de traballo, cuncas e pratos de xoguete, coches con luces e sons, etc.) realmente non está a xurdir o "Xogo simbólico" senón que é "literal ou imitativo": os nen@s usan eses materiais imitando o que facemos os adultos con eles e usándoos literalmente para o que serven. Pero o xogo realmente simbólico nace cando os nen@s recrean algo distinto sobre un "material, xoguete ou dispositivo", é dicir, cando xogan a coches con pedras ou esas mesmas pedras convértense en moedas, cando a unhas madeiras danlles o valor dun ferro, ou un teléfono.


ARTIGO COMPLETO

venres, 11 de decembro de 2015

IMAGINE ELEPHANTS

Dende a Anpa do Escultor Acuña queren invitar ós que non poideron asistir a proxección no noso colexio deste gran proxecto.
 

Desde o ANPA ESCULTOR ACUÑA queremos convidarvos á Proxección de Imaxine Elephants que terá lugar o vindeiro luns día 14 de Decembro de 2015 no CEIP ESCULTOR ACUÑA ás 16:30h sobre un tema de especial interese na comunidade educativa: A IMPORTANCIA DO XOGO E A INFANCIA.
 
Despois da proxección pasarase a un debate cos propios creadores do proxecto, que seguro que será moi gratificante.
Mais información sobre Imaxine Elephants en Facebook o en su web: www.imaginelephants.com
Agradecemos a súa difusión entre a comunidade educativa (profesores, país, nais, etc.) de todos os colexios da zona.
A entrada é gratuita e para reservar praza poden facelo no teléfono 677 236143 ou ben enviando un mail a: anpa.escultoracunha@gmail.com
 
Un saúdo,
 
 
ANPA ESCULTOR ACUÑA

xoves, 10 de decembro de 2015

CELTA PARTIDO COPA 17-11-15












O vindeiro xoves 17/12/2015 as 20:00 horas xógase o partido de Copa Celta-Almería ás 20 horas.
Solicitamos se estades interesados as pidades antes do venres 11 de decembro ás 13 horas vía mail ou na Caixa de correos da entrada.
XA QUE TEMOS QUE SOLICITAR O NÚMERO DE ENTRADAS NECESARIAS

Só se poden repartir entre alumnos de Primaria por orde do Concello.

Anpa o Muiño
Ceip Alfonso D. Rodríguez Castelao