xoves, 26 de novembro de 2015

TALLER DE ARTE NA SESIÓN DE ANIMACIÓN Á LECTURA DE LIBROS PARA SOÑAR



LIBROS PARA SOÑAR dedicará a sesión do venres 27, a partir das 18:30 horas, a contar
relatos relacionados coa arte. “O artista que pintou un cabalo azul”, de Eric Carle, e “O
soño de Matías”, de Leo Lionni, publicados por KALANDRAKA, serán dous dos títulos
destacados. Os seus autores son prestixiosos artistas plásticos que enfocaron o seu
talento á literatura infantil e xuvenil, tanto como autores dos textos como das imaxes dos
seus libros.
O neoiorquino Eric Carle é autor de máis de 70 álbums, cunha traxectoria que se remonta a
finais dos anos 60. Traballara nunha axencia de publicidade e na prensa escrita antes de
dedicarse á creación de libros, un labor polo que recibiu importantes premios
internacionais. “O artista que pintou un cabalo azul” -homenaxe ao pintor alemán Franz
Marc (1880-1916), precursor do expresionismo- ten un trasfondo autobiográfico: Eric Carle
retrátase como un ilustrador que non se cingue estrictamente á realidade, mostrándose
orgulloso de practicar un estilo característico que o distingue.
En “O soño de Matías”, Leo Lionni presentou unha proposta baseada na primeira visita a
un museo, facendo un percorrido por diferentes estilos artísticos, dende o clasicismo dos
retratos históricos e os bodegóns, ata as vangardas pictóricas como o impresionismo, o
cubismo ou o surrealismo. Leo Lionni, que foi premiado en 1984 coa Medalla de Ouro do
Instituto Americano de Artes Gráficas, comezou a facer libros infantís a finais dos anos 50
e a súa produción sumou máis de 40 títulos aclamados en todo o mundo pola crítica
especializada.
A actividade rematará invitando os nenos e nenas a colorear o “Senecio” de Paul Klee, que
está na portada de “Gorigori”, un poemario de María Jesús Jabato galardoado co Premio
Internacional Ciudad de Orihuela 2013 de Poesía para Nenos e publicado por Faktoría K.

mércores, 25 de novembro de 2015

INFORMACIÓN DÍAS NON LECTIVOS

Informamos ás familias que o día 7 de decembro hai clase no noso centro


Os días elixidos como non lectivos son o luns 18 de abril e o luns 16 de maio.

Así mesmo poñemos no voso coñecemento que os representantes das familias no consello escolar manifestaron o seu rexeitamento á elección do luns 18 de abril no canto da ponte de decembro como na maioría dos centros, procedendo a votar en contra da elección deste día.


ANPA O MUIÑO

ENTRADAS CELTA INFANTIL



CIRCULAR RECIBIA NO DÍA DE HOXE  DE FOANPAS

ENTRADAS CELTA
                                                                                  Vigo, 25 de novembro de 2015
Estimados/as amigos/as:
Por mor de diversas incidencias e xa que nas “BASES REGULADORAS E CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓN PARA FOMENTAR OS VALORES SOCIAIS DO DEPORTE COMO ACTIVIDADE DE OCIO ENTRE A POBOACIÓN ESCOLAR, COLECTIVO DE DISCAPACITADOS E PERSOAS ECONÓMICAMENTE DESFAVORECIDAS, FALICITANDO O SEU ACCESO AO ESTADIO DE BALAÍDOS PARA PRESENCIAR, DESDE A DENOMINADA GRADA DE FONDO DO ESTADIO, OS PARTIDOS QUE DISPUTARÁ O REAL CLUB CELTA DE VIGO NA PRESENTE TEMPADA 2015/2016 DA DIVISIÓN DE HONOR DE FÚTBOL, NAS COMPETICIÓNS DE LIGA E COPA” di literalmente na súa base SEXTA.- REQUISITOS DOS BENEFICIARIOS  que poderán ser beneficiarios desta axuda os escolares dos colexios públicos de educación primaria e os acompañantes maiores de idade…”, é polo que, a partir do vindeiro partido de liga Celta-Español do sábado, 12 de decembro de 2015, ás 18.15 horas (inclusive), non se repartirán estas entradas ós colexios públicos de Educación Infantil, así como os centros escolares de Educación Infantil e Primaria non poderán repartir entradas entre o seu alumnado de Educación Infantil.
Un saúdo
A XUNTA DIRECTIVA DE FOANPAS

venres, 20 de novembro de 2015

Día Internacional contra a Violencia de Xénero. VIGO

A Concellería de Igualdade informa de que un ano máis,  en colaboración co Consello Municipal da Muller, organizamos unha nova edición de  
"EnlazaVigo contra a violencia de xénero". 
Este ano o lema elixido é "Somos quen de deter a violencia de xénero".

As actividades que se enmarcan na campaña deste ano son as seguintes:

.-Exposición colectiva de traballos
Un ano máis as mozas e os mozos de secundaria nos sorprenden gratamente coa súa creatividade e implicación nos actos de EnlazaVigo. Nesta edición de 2015, 43 centros de secundaria participaron na realización de lonas creativas contra a violencia de xénero. O conxunto destes traballos está exposto desde onte ata o día 26 de novembro na r/Príncipe, diante do MARCO en horario de mañá e tarde.
O conxunto das obras integran que integran esta exposición colectiva a podedes ver neste album de picasa pero se tedes a oportunidade non deixedes de visitala en persoa porque é moito máis impresionante.
https://picasaweb.google.com/1039…/EnlazaVigo2015Exposicion…

Ao carón da exposición temos unha pequena carpa informativa onde a cidadanía poderá recoller a pulseira de EnlazaVigo que pretende reflectir a nosa implicación persoal contra as violencias machistas.
A veciñanza poderá recoller a súa pulseira e marcapáxinas da campaña ata o día 26 de novembro.

.-Pleno específico do Consello Municipal da Muller
Luns, 23 de novembro ás 10h no salón de plenos do Concello de Vigo
Entrada aberta ata completar o aforo do salón de plenos.

.- Acto central de EnlazaVigo, na rúa.
Un ano máis, convocamos ao alumnado de secundaria da cidade a participar no acto central de EnlazaVigo o día 25 de novembro, coincidindo co Día Internacional contra a Violencia de Xénero.
Temos confirmada a presencia de 2000 estudantes de secundaria que desde as 10,30 ata as 11,45 estarán no entorno da farola de Urzaiz e R/ Príncipe para visitar e participar nas distintas actividades programadas:
.- visita da exposición colectiva de traballos do alumnado
.-visita da exposición itinerante "A violencia sexual na xuventude. Infórmate!"
.- photocall contra a violencia de xénero
.-actividades lúdicas como baile, actividades circenses...

As 11,45h comezarán as intervencións da representación do goberno municipal e do Consello Municipal da Muller para a continuación formar un tapiz humano cos 2000 alumnos e alumnas e a veciñanza alí reunida.


Podedes consultar toda a información neste enlace ao blog   http://enlazavigo2015.blogspot.com.es/2015/11/43-centros-participan-en-enlazavigo-2015.html?spref=fb

Informámosvos tamén dunha actividade que  organiza a área de Igualdade da Deputación  de Pontevedra de xeito simultaneo en 10 cidades de Pontevedra: Vigo, Pontevedra, Vilagarcía de Arousa, Cangas do Morrazo, Redondela, Lalín, Tui, Tomiño, Bueu e Caldas de Reis.O proxecto :“Mulleres en acción: Violencia Zero”  é un proxecto de acción artística contemporánea no espazo público para reivindicar a igualdade de xénero e poñer o foco de atención no estado actual da problemática da violencia machista no noso país, en particular, e por extensión, no mundo.En Vigo terá lugar o día 25 ás 19h diante do MARCO e consiste en: discurso coa video-conexión con outras sedes e #Acción de Carme Nogueira, “Not For Sale: Feminism and Art in the USA during the 1970s”

martes, 17 de novembro de 2015

IMPRESIÓNS DE PROFESORES E FAMILIAS SOBRE A PROXECCIÓN E DEBATE DE IMAGINE ELEPHANTS

deixámosvos as impresións dalgúns pais e profesores que asistiron á proxección. Se queres que publiquemos a túa impresión podes enviala ao correo do anpa



Desde que me he encontrado con Imagine Elephants han logrado (junto aMiguel Castro) cambiar mi mirada y ya no hay vuelta a atrás. Siento que a veces nos dejamos lo mejor de nosotros mismos por estarperdidos en  "problemas" o "necesidades"; superfluas y por MIEDO a creeren nosotros y en nuestros hijos. Nos ponemos excusas y podemos hacer TANTAS cosas, sólo tenemos que QUERER hacerlas y compartirlas. Seremos  mucho  más  auténticos  y  podremos  mostrar  al  mundo  y  anuestros hijos nuestra verdadera identidad. Yo estoy encontrando mi identidad a mis 43 años, y  "dejando" a mi hija Inés que la encuentre por sí misma, el proceso es INCREÍBLE!  Y tú? madre, padre, maestro qué quieres hacer??

Emma, madre de Inés 4 años.


Me hizo pensar mucho y ver que puedo ser mucho mejor madre, soltar a los niños y no llevarlos simpre pegados a mí.
Hacerlos más independientes aunque tenga que perderlos de vista, confiar en ellos.
Que aunque sea un paso pequeño todo ayuda y un pasito hoy puede ser un gran cambio mañana.

Sara, madre de Ayla y Jonás, 6 y 4 años.


Creo que hicieron un trabajo impresionante recopilando las sensaciones de distintas personas al recordar su infancia y lo que para ellos significa el juego. Me gustó mucho el planteamiento de lo que sería un aprendizaje ideal en el colegio mediante más tiempo dedicado al juego, lo importante que es y lo mucho que se aprende con él. Y me quedo con una de las frases que decía, más o menos, que el juego es tener pasión por la vida. Llevarlos al cole fue un gran acierto.

Eva, madre de Sara, 4 años.



Ya conocía el documental por lo que mi interés principal era estar en el debate.
Me alegré mucho ver que varias profesoras estaban allí, eso dice mucho de esllas, así como de la directora.
Gracias, de corazon por haber invertido su tiempo en estar allí y en participar activamente.
De la jornada me llevo dos cosas por las que creo que merece la pena luchar:
1. La soledad de las familias y la necesidad de hacer tribu. Había ganas de hablar de nuestros hijos, de exponer nuestros miedos y preocupaciones, nuestras necesidades como padres y sobre todo de compartir. Creo que es básico trabajar en esta línea. No sé si proponiendo actividades ocasionales o haciendo grupos de crianza; pero hay necesidad porque nadie puede criar ni educar en soledad.
2.Que podemos hacer? Esta fue la pregunta que lancé pero se diluyó. Realmente sabemos que el juego es vital en el niño. El aprendizaje debe hacerse a través del juego. Queremos niños que jueguen. Qué podemos hacer? Pero no las familias por un lado y los profes por otro... sino todos juntos. Por la educación de nuestros hijos. Qué medidas pueden ser realistas? Una primaria sin libros de texto y con más experimentación? Crear rincones por toda la escuela que fomenten la creatividad de los niños mientras juegan? Hacer jornadas? Reestructurar las aulas?

Yo como mamá y maestra propongo volver a reunirnos quienes queramos esto. Seamos 4 o 30, da igual. Pero que no quede en el olvido.

Gracias al ANPA por esta oportunidad. De verdad!

Vero, maestra y madre de Tiago 3 años.



O IMPORTANTE:

Vivindo nun mundo cheo de cousas uxentes, inmimentes, irremprazabeis e caóticas, pasar unha tarde falando do xogo da vida, da imaxinación e do amor profundo... axuda a recolocarse e lembrar que é o IMPORTANTE, cal é o verdadeiro tesouro: AS NENAS E NENOS.

Moitas grazas á xente de Imagine Elephans. Xa estamos vinculados.

Patricia, maestra E.I. 3 años.



A educación dos Nenos e Nenas
é unha receta que hai que Imaxinar.
Os profes e as familias
todos xuntos temos que colaborar.
Os ingredientes poden ser:
INTERMINABLES apertas de PACIENCIA
TODOS os bicos de CONFIANZA
INFINITOS achuchóns de ESFORZO
ETERNOS Aloumiños de LOUCURA

O pasado Martes aprendimosque o XOGO é a sal da vida.
Así que temos que botarlle sal a todas as nosas comidas.

Laura, maestra E.I. 4 años.



Foi unha verdadeira ledicia asistir á conferencia de Imagine Elephants sobre a importancia do xogo. E poder compartir opinións entre o profesorado e as familias.
¡Que importancia ten o xogo nas nosas vidas, e moi especialmente nos pícaros e pícaras!
A través da actividade lúdica podemos axudar ao cativo e cativa a sociabilizarse, axudarlle a desenvolver a súa percepción, a súa memoria, o imaxin, a intelixencia…
É unha ferramenta que lle permite autocoñecerse e, ao mesmo tempo, coñecer aos outros, cos que interactúa establecendo vínculos afectivos e interiorizando normas e pautas de convivencia básicas.
Como mestras podemos facer moito para que o xogo se valore, no nada máis des de o punto de vista lúdico, senón como dereito dos nenos e nenas e como metodoloxía de ensinanza-aprendizaxe.
Montse, directora y maestra de apoyo.



Eu non  coñecía o proxecto  presentado por Imagine Elephants e gustoume moito. Creo que foi moi enriquecedor o debate que fixemos logo entre “todas” (isto daría para outro debate), e deulle mais interese ao mesmo a presenza das mestras, xa que deste xeito puidemos escoitar impresións dende diferentes contextos. 
Falamos de grandes cambios e falamos de pequenos cambios, para min estes últimos son moi importantes xa que están presentes en moitas situacións do noso día a día e nas nosas mans.
Se me teño que quedar cunha frase quédome coa que me dixo a miña filla …"dos horas para hablar del juego! yo os lo habría explicado en 5 minutos”
Espero que se podan realizar mais charlas como estas e poder seguir debatendo entre todas e todos lévennos 5 minutos ou duas horas.


Vanesa, nai de Lucía e Mateo, 9 e 6 anos.


CHARLA PARA ADULTOS "A XESTIÓN DAS EMOCIÓNS"


 A MESTRA XULIA FERNÁNDEZ IMPARTIRÁ O VENRES EN LIBROS PARA SOÑAR 
UNHA CHARLA PARA ADULTOS SOBRE A XESTIÓN DAS EMOCIÓNS 
A habitual sesión de animación á lectura dos venres na libraría LIBROS PARA SOÑAR do Casco Vello vigués modificarase esta semana para acoller unha actividade dirixida especificamente a nais e a pais, así como a público adulto en xeral. A mestra Xulia Fernández impartirá un obradoiro a partir das 18:30 horas, co lema “Emocionándonos”. 
Trátase dunha charla sobre como traballar as emocións cos nenos e coas nenas. Para elo, segundo esta experta, cómpre que as nais e os pais realicen a súa propia “regulación” emocional. A través dunha presentación con diapositivas e da proposta de varios exercicios prácticos, Xulia Fernández falará de sentimentos e de estados de ánimo como o medo, a tristura, a ira; de como controlar os pensamentos negativos para mellorar a actitude propia; de como fomentar a ledicia e o benestar persoal. 
O obxectivo desta sesión especial será trasladarlle ao público a importancia da xestión das emocións, sensibilizar sobre a importancia de educar a intelixencia emocional, achegando algunhas receitas para cambiar actitudes erradas e redundando así nun correcto enfoque da vida cotiá, coas súas circunstancias tanto positivas como adversas. 

Xulia Fernández Rodríguez posúe unha ampla experiencia docente, tanto en centros de ensino público como con nenos e nenas hospitalizados. Ten recibido varios premios de innovación polos seus proxectos educativos, que tamén se teñen abordado en cursos, xornadas e congresos profesionais. Un deses traballos sobre a arte e as emocións recibiu o Premio Crearte do Ministerio de Educación. Ademais, ten publicado numerosos artigos en revistas especializadas. É autora do libro “Pequenas historias: para falar de emocións e sentimentos”, publicado por Galaxia. 

xoves, 12 de novembro de 2015

ESPECTÁCULO "BRINCA VAI" 2.0

PACO NOGUEIRAS E SR.SAGÜILLO PRESENTAN EN VIGO O ESPECTÁCULO “BRINCA VAI 2.0”

O músico Paco Nogueiras e o artista dixital José Miguel Sagüillo presentarán o espectáculo musical e audiovisual “Brinca Vai! 2.0” na Sala Ártika de Vigo, o sábado 14 ás 19:30 horas e o domingo 15 ás 12:00 e ás 18:00 horas. Trátase dunha actividade dirixida a público infantil e familiar baseada nas cancións do libro-disco “Brinca Vai!”, publicado por KALANDRAKA, no que Paco Nogueiras interpreta cancións baseadas en temas como a natureza, os xogos tradicionais, ou as festas como o magosto e o Nadal. 

Ademais de interactuar coa “máquina” coa que Paco Nogueiras reforza as melodías dos instrumentos que toca en directo, esta versión 2.0 incorpora como elemento destacado unha “pantalla” na que Sagüillo proxecta fragmentos dos videoclips das cancións e mesmo fai partícipe o público, a través das imaxes en directo que transmite cunha cámara de video.

Brinca Vai! 2.0 é un espectáculo musical e audiovisual, no que se combinan cancións, imaxes, videos, animacións, retransmisións en directo e interpretacións cos ritmos e rexistros máis divertidos.
Nesta ocasión o músico e actor Paco Nogueiras e o artista audiovisual Xosé Miguel Sagüillo combinan a súa tecnoloxía, aparatos e instrumentos nunha divertidísima viaxe chea de humor, cores, imaxes, baile e cancións. As alegrías, as amizades, os libros, a poesía, a ecoloxía, as festas do ano (o magosto, o samain, o entroido, o nadal) e o respecto á nosa lingua serán parte da equipaxe.
Unha fantástica oportunidade de regalar os ollos e as orellas, brincar e pasalo ben cos amigos e amigas nun particular camiño onde a música e a imaxe soan con forma de sorriso.
Brinca Vai! 2.0 convírtese nun espectáculo interactivo onde a música colle forma e a imaxe soa máis alegre . Brinca Vai! 2.0 viaxará alí onde alguén queira cantar, rir, bailar ou simplemente escoitar cos ollos, as mans e orellas ben abertas!
o Idioma: Galego
o Público preferente: Infantil e familiar o Xénero: Musical e comedia



martes, 10 de novembro de 2015

2ª AXUDAS ADQUISICIÓN MATERIAL ESCOLAR 10/nov/2015

ORDE do 6 de novembro de 2015 pola que se convocan axudas para a adquisición
de material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria,
educación secundaria obrigatoria ou educación especial en centros sostidos con
fondos públicos para o curso escolar 2015/16.
Agora, mediante a presente orde, apróbase unha segunda convocatoria de axudas para
adquirir material escolar destinada ao alumnado que non puidese acollerse ás axudas
reguladas pola Orde do 25 de agosto de 2015, e a aquel que, tendo solicitada a axuda,
resultase excluído por unha causa emendable.
REQUISITOS
1. Para ser beneficiario desta axuda é preciso cumprir os seguintes requisitos:
a) Ser pai/nai/titor ou titora legal do alumnado matriculado en educación primaria, educación
secundaria obrigatoria ou educación especial nun centro sostido con fondos públicos
durante o curso escolar 2015/16, cando se atope nos supostos indicados no artigo 1.1
desta orde.
b) Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas
no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
c) Ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 euros.
2. Non poderá solicitar novamente esta axuda o alumnado que se acollese ás axudas
para a adquisición de material escolar reguladas pola Orde do 25 de agosto de 2015 e
reunise os requisitos establecidos nela, por ser válida a anterior solicitude.

domingo, 8 de novembro de 2015

REIVINDICACIÓN LIBROS DE TEXTO



Despois do fallido intento o pasado sábado 14 de novembro de 2015 de levar os libros de texto inservibles, e xa recollidos, á biblioteca do Gaiás, retomamos esta iniciativa para o vindeiro sábado 28 de novembro ás 12 h.
Contamos con vós para sumar e apoiar estando alí en Santiago.

A XUNTA DIRECTIVA DE FOANPAS




A NOSA ANPA SÚMASE Á SEGUINTE REIVINDICACIÓN, CO CAL PEDÍMOSVOS QUE TRAIADES ANTES DO VENRES OS LIBROS DE TEXTO QUE TEÑADES EN PRÉSTAMO DENDE A ANPA.

PODEDES ENTREGALOS NA ANPA ÁS 9.00 E ÁS 13:50 OU O MARTES POLA TARDE.


Dende FOANPAS  decidiuse facer unha reivindicación SIMBÓLICA para solicitar da Consellería de Educación a volta ó programa de gratuidade de libros de texto, un sistema que era o máis equitativo e xusto, que beneficiaba a todo o alumnado sen ningún tipo de discriminación.
Ademais estamos nunha coxuntura na que segundo o goberno que estea no poder, temos unha Lei de Educación distinta, o que fai que constantemente teñamos que estar adaptándonos a cambios na formación dos nos@s fill@s, novos ensinos, currículos… e por ende libros de texto.
Por iso vanse “DOAR” os libros de texto das ANPAS que nestes momentos temos almacenados nos nosos centros educativos e que quedaron “obsoletos” pola LOMCE, á Biblioteca de Gaiás de Santiago de Compostela; Biblioteca construída con moito diñeiro público e con apenas uso, entre outras cousas pola falta de Fondo de Biblioteca.
Con este acto queremos reivindicar:

                -Unha volta ó programa de gratuidade de libros de texto.
                -Un consenso en Educación de todas as forzas políticas.
               -Unha mellor racionalización do gasto público.

A entrega de libros efectuarase o sábado 14 de novembro en Santiago.