luns, 28 de setembro de 2015

PISCINA - COMENZO




ACTIVIDADE NATACION

COMENZA ESTE XOVES 
1 DE OUTUBRO

PISCINA DE VALLADARES: 
1ª quenda 16:00-16:45 e
 2ª quenda 16:45-17:30.

PISCINA MAIS QUE AUGA 15:45-16:30


Necesario que os nenos e nenas leven: gorro e chanclas
Recomendable que leven gafas.
(pais e nais Mais que Auga levar chanclas se se quere pasar ás 
duchas. Poderá pasar a zona de vestiario 1 adulto por nen@)

       Grazas.

venres, 25 de setembro de 2015

INFORMACIÓN SOCIOS


Rogamos que TODOS os socios da ANPA, tanto novos como antigos, cubrades o impreso que hemos enviado.



Neste novo impreso solicitamos información que non tiñamos e que é precisa para poder mandarvos as novas.

Os anos vindeiros, Só deberá cubrir este impreso si cambia algún dato.

O que non poda imprimila pode solicitar na secretaría unha copia.



Moitas grazas



luns, 21 de setembro de 2015

ASAMBLEA ORDINARIA 24 SETEMBRO


Este xoves 24 teremos a asamblea da Anpa, é moi importante a túa asistencia. 


Convocatoria reunión ANPA “O Muiño” do CEIP Alfonso R. Castelao 
Convócase a todos os pais e nais do CEIP Alfonso R. CAstelao á sesión ordinaria a celebrar o xoves 24 de setembro de 2015, no colexio ás 18:45 en primeira convocatoria e ás 19:00 horas en segunda convocatoria coa seguinte orde do dia: 
1) Lectura e aprobación, se procede, das actas anteriores. 
2) Inicio do curso: Membros da directiva, comunicacións coa directiva. 
3) Comedor. 
4) Actividades extraescolares 
5) Rogos e preguntas. 
Un saúdo, 

Navia, 14 de setembro de 2015

xoves, 17 de setembro de 2015

INICIO CURSO 2015-2016

Prezadas familias,
Comezamos un novo curso no cal como directiva da ANPA “O Muiño” do CEIP Alfonso Rodríguez Castelao intentaremos poñer en marcha os obxectivos marcados e recoller ideas novas para funcionar entre todos o mellor posible.
En primeiro lugar, xunto con esta carta achegamos unha folla na cal solicitamos información, é moi importante cumprimentar esta folla, tanto os antigos socios coma os novos,  para que podamos dispoñer dunha base de datos completa e actualizada e axilicemos desta maneira moitas das xestións a facer. Queremos subliñar a importancia de dispoñer dun e-mail de contacto para poder enviarvos as notificacións, novas e información de interese. 
Ademais xa está en funcionamento o blog da ANPA O Muiño (anpaomuinho.blogspot.com), ao cal é importante que accedades e os fagades seguidores, xa que teredes moita mais información sobre novas das actividades da ANPA e información sobre cursos, charlas, talleres que poden resultar do voso interese.
Outro dos obxectivos para este curso era o establecer un horario da ANPA no cal estivese dispoñible alguén da directiva para resolver dúbidas, recoller suxestións, etc. Este horario será os MARTES DE 16:30 A 18:00. 
Directiva da ANPA “O Muiño”:
Presidenta: Pili Fernández 
Tesoureira: María Abreu 
Secretaría: Vanesa Rodríguez 
Vicesecretaria: Carmina Rodríguez 
Vogais: Ana Victoria Fernández
Fernando Rodríguez
Conchy Rodríguez
Emma González
CONTACTOS
Pois de momento nada mais, a seguir colaborando entre todos e todas, darlle a benvida ás novas familias que se incorporan este ano ao colexio e esperámosvos na Reunión ordinaria da ANPA do 24 de setembro.

A Directiva da ANPA “O Muiño”.

martes, 8 de setembro de 2015

AXUDAS

Material Escolar - Axuda de 50 euros


O día 1 de setembro saiu publicado no DOG a axuda para adquisición de material escolar.

requisitos principais non superar os 5.400 euros per capita

se quere ver a publicación prema AQUÍ



Convocatoria de becas NEAE para o curso 15/16. O prazo de presentación de solicitudes remata o 30 de setembro. Deixamos a convocatoria.


BOE AQUÍ

luns, 7 de setembro de 2015

AULA MATINAL


Como todos os anos estará aberta dende o día 10 de setembro a partires das 
8:00 da mañá.