xoves, 30 de xuño de 2016

FEIRA DO LIBRO DO 1 Ó 10 XULLO NA PORTA DO SOL

A Feira do Libro arrancará este venres, 1 de xullo, na Porta do Sol, o emprazamento elixido polo Concello para a 42ª edición deste evento. Durante os dez días de duración, catorce postos representarán ás principais librerías de Vigo, xunto a stands da Deputación e das bibliotecas Juan Compañel e a municipal Neira Vilas. A venda de libros ofrecerá un 10% de desconto sobre o prezo habitual. 


O lema deste ano, "A patria na palabra", homenaxea a figura de Manuel María, mais non será o único escritor recordado na Feira de 2016. Na clausura, a actuación do humorista Cándido Pazó, co seu espectáculo "Trangallada", recorda ao falecido Xosé Neira Vilas


A organización conta con máis de 75 nomes do mundo do libro na Feira e con máis de 40 coloquios, presentacións e sinaturas de libros. Escritores como Ledicia Costas, Pedro Feijoo, Alba Lago ou Fran Alonso estarán presentes, se darán a coñecer novidades, haberá lecturas dramatizadas e a poesía tamén terá o seu espazo. A Feira do Libro de Vigo preparatamén actividades específicas para fomentar o hábito da lectura entre os máis pequenos, como obradoiros ou maxia. 


Grazas á colaboración da Federación de Persoas Xordas de Galicia, o acto de inauguración será traducido á lingua de signos. A Federación tamén tomará parte nun contacontos en linguaxe de signos con traducción oral e nun obradoiro básico sobre esta linguaxe. Na mesma liña de integración e fomento da lectura, a ONCE realizará un taller de Braille.
---------


Paco Nogueiras, intérprete da música e das cancións do libro-disco “Brinca Vai!”, asinará exemplares este sábado a partir das 19:00 horas.


Ademais, o vindeiro mércores 6 de xullo, ás 20:00 horas, os artistas plásticos vigueses Federico Fernández e Germán González Pintos, autores de “Balea”, un libro visual despregable que asinaron como Fernández & González. Ataviados cos traxes amarelos que caracterizan os habitantes do peculiar vehículo submarino que crearon, con forma de cetáceo. Federico Fernández e Germán González tamén dedicarán exemplares da súa obra e interactuarán co público que se achegue a velos, explicándolles o funcionamento deste enxeño mecánico

luns, 27 de xuño de 2016

PRAZAS PISCINA CURSO 2016-2017

Temos reservadas algunhas prazas mais para a actividade de piscina, son limitadas, co cal necesitamos facer unha previsión das familias interesadas. Os posibles horarios para o vindeiro curso son os seguintes:

VALLADARES:

  • Xoves 16:00
  • Xoves 16:45
MAIS QUE AUGA:
  • Mércores 16:30
  • Xoves 15:45
  • Venres 16:30 

Por favor, achegar correo anpaalfonsorodriguezcastelao@yahoo.es ou whatsapp  604 00 46 56, indicando o horario no que estariades interesados.

sábado, 25 de xuño de 2016

ACTIVIDADES MARCO

Lembrámoslle que a partir deste xoves 23 de xuño, comeza no MARCO o programa de obradoiros de verán para público infantil, en torno á exposición 'O MUNDO FLÚE/EL MUNDO FLUYE. Dúas miradas sobre unha mesma realidade'.
O programa educativo que acompaña e complementa esta mostra estivo dirixido nunha primeira fase, a grupos de escolares, e a partir do 23 de xuño —unha vez finalizado o curso— ao público infantil e as súas familias. A entrada é libre e gratuíta ata completar aforo.
FASE 2
Do xoves 23 de xuño ao venres 29 de xullo
Actividades para público familiar: nenos/as a partir de 3 anos, sós ou acompañados de persoas adultas
Horarios: de martes a venres, de 12.00 a 14.00
Entrada libre e gratuíta ata completar aforo
Posibilidade de reserva anticipada para grupos, ata un máximo de 15 participantes por obradoiro

Achegamos nesta mensaxe información sobre a exposición, dispoñible tamén a través da nosa web 


logo marco

8
Donald Mitchell. Sin título, 2001. Tinta sobre papel, 56x76 cm. Foto: cortesía Fundación ONCE
O MUNDO FLÚE
Dúas miradas sobre unha mesma realidade
Datas              3 xuño - 4 setembro de 2016
Lugar              Laboratorio das Artes (1º andar)
Horario             Martes a sábados (festivos incluídos) de 11.00 a 14.30 e de 17.00 a 21.00
Domingos, de 11.00 a 14.30
Comisariado      Mercé Luz Arqué, xefa do Departamento de Cultura e Ocio de Fundación ONCE
Organizada por 


O MUNDO FLÚE
Dúas miradas sobre unha mesma realidade
Miguel Agudo, Eugene Bavčar, Miguel Ángel Campano, Pete Eckert, Sebastián Ferreira, Cristina García Rodero, Germán Gómez, Dan Miller, Donald Mitchell, Paloma Navares, Gerardo Nigenda, Carme Ollé i Coderech, Ofelia Ontiveros, Luis Pérez-Mínguez, Rodrigo Raimondi, Ricardo Rojas, Ángel Rojo, Rafael Sanz Lobato, Judith Scott, Belén Serrano, Gonzalo Torné, Juan Torre
A exposición 'O MUNDO FLÚE. Dúas miradas sobre unha mesma realidade' reúne unha selección de obras da Colección de Arte Contemporánea da Fundación ONCE, que formaron parte das Bienais Internacionais de Arte Contemporánea organizadas pola devandita entidade. 
A partir do 3 de xuño e ata o 4 de setembro, o espazo denominado ‘Laboratorio das Artes’, situado no primeiro andar do MARCO, acolle esta mostra, acompañada dun programa educativo que se desenvolverá en paralelo á exposición.
Con esta exposición, Fundación ONCE pretende divulgar a obra de artistas con discapacidade entre aquelas persoas relacionadas profesionalmente co mundo da arte ou que non tiveron a oportunidade de visitar a Bienal de Arte Contemporánea que organiza a entidade.
A mostra está formada por unha selección de obras de artistas con algún tipo de discapacidade (física, sensorial, intelectual e enfermidade mental) ou ben de creadores que, sen teren discapacidade, utilizan esta como tema de inspiración e motor das súas creacións, incidindo deste modo na lexitimidade da diferenza e o matiz enriquecedor que esta dualidade leva consigo, de onde xorde o subtítulo “dúas miradas sobre unha mesma realidade”. Así, a selección de obras e artistas presenta ao espectador unha multiplicidade de puntos de vista na interpretación da discapacidade. 
Os visitantes poderán gozar dunha mostra que xa percorreu cidades como Barcelona, Alacante, San Sebastián, A Coruña ou Badaxoz, cunha selección de obras de artistas que ofrecen un discurso estético plural e sensible.
No caso do MARCO, grazas ao patrocinio da Fundación ONCE, durante os meses de xuño e xullo desenvolverase, paralelamente á mostra, un programa educativo dirixido nunha primeira fase a grupos de escolares, e a partir do 23 de xuño —unha vez finalizado o curso escolar— ao público infantil e ás súas familias.
+ INFO obras e artistas en http://www.elmundofluye.es/

Bienal de Arte Contemporánea Fundación ONCE
Un dos obxectivos da Fundación ONCE dende a súa creación hai máis de 25 anos, é conseguir a plena inclusión das persoas con discapacidade en todas as ordes da vida. A Fundación ONCE centra grande parte dos seus esforzos na inserción laboral das persoas con discapacidade, sendo consciente de que non poden esquecer outros ámbitos como a cultura para conseguir a total normalización na vida das persoas que conforman este colectivo.
Por esta razón a Fundación ONCE organizou en Madrid, no ano 2006 a I Bienal Internacional de Arte Contemporánea Fundación ONCE, un ambicioso proxecto cuxo obxectivo primordial é recoñecer e difundir a obra de artistas con algún tipo de discapacidade, así como potenciar o seu acceso e participación no mercado da arte
Esta misión está en liña cos dous obxectivos claves de Fundación ONCE: a accesibilidade, traballando polo concepto de accesibilidade universal e polo goce da cultura en igualdade de condicións; e a inclusión, procurando o acceso dos artistas con discapacidade ao circuíto do mercado da arte, e conseguindo así a súa integración social e laboral.
Pero tamén se pretendía provocar a atención do mundo da cultura e a arte sobre a realidade do mundo da discapacidade e o seu enorme potencial. Debido ao éxito obtido na I Bienal, e co ánimo de continuar cos obxectivos previstos, a Fundación ONCE volveu apostar pola organización de novas edicións. Así, a VI Bienal de Arte Contemporánea foi xa inaugurada en varios espazos de Madrid, onde se poderá visitar do 25 de maio ao 11 de setembro de 2016.
Esta VI Bienal, cuxo fío condutor é a tecnoloxía na arte, vertébrase en torno a unha exposición de artes plásticas (CentroCentro Cibeles) e unha serie de actividades paralelas que inclúe ciclos de artes escénicas con teatro, danza e música (La Casa Encendida, Teatro Valle-Inclán); cinema (Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas) e obradoiros de formación artística, en calquera das súas disciplinas.


O MUNDO FLÚE
Dúas miradas sobre unha mesma realidade
Programa de visitas e obradoiros no MARCO
O programa educativo que acompaña e complementa esta mostra está dirixido, nunha primeira fase, a grupos de escolares (Infantil, Primaria, Secundaria, Bacharelato), centros de ensino e asociacións, e a partir do 23 de xuño —unha vez finalizado o curso escolar— ao público infantil e as súas familias.
FASE 1
Do venres 3 ao mércores 22 de xuño
Visitas e obradoiros para grupos de escolares e asociacións
Horarios: de martes a venres, de 11.00 a 12.15 (1ª quenda) / de 12.15 a 13.30 (2ª quenda)
Máximo aproximado: 50 alumnos por quenda
Previa cita no teléfono 986 113904 / 113900

FASE 2
Do xoves 23 de xuño ao venres 29 de xullo
Actividades para público familiar: nenos/as a partir de 3 anos, sós ou acompañados de persoas adultas
Horarios: de martes a venres, de 12.00 a 14.00
Entrada libre ata completar aforo
Posibilidade de reserva anticipada para grupos, ata un máximo de 15 participantes por obradoiro
Información e visitas
Alén do programa específico de visitas-obradoiro, o persoal de salas está a disposición dos visitantes para calquera consulta ou información relativa á exposición, ademais das visitas guiadas habituais:
Todos os días á 18.00
Visitas ‘á carta’ para grupos, previa cita no tel. 986 113900


martes, 21 de xuño de 2016

REVISTA AS NOSAS COUSAS


Na asemblea ordinaria celebrada o 10 de xuño acordouse por maioría non imprimir a revista, debido á baixa calidade da mesma e deixar a ligazón da mesma no blogue para que calquera pai/nai/titor puidese descargala.

aquí deixámosvos a ligazón


REVISTA AS NOSAS COUSAS 2015-2016







FESTA FIN DE CURSO

O ANPA QUERE CONVIDAR ÓS SEUS SOCIOS/AS A FESTA DE FIN DE CURSO ESTE MÉRCORES DÍA 22 DE XUÑO

Deixámosvos o programa
 

Lembrade deixar os libros que xa non necesitedes no local da Anpa durante a festa. 



venres, 17 de xuño de 2016

REUNIÓN HOXE CAMPAMENTO DE VERÁN


Lembrade facer o pago do segundo plazo os que o teñades pendente. 
Podedes facelo no centro cultural de Navia polas tardes ou directamente na conta bancaria.



Hoxe 17 Xuño hai unha reunión para explicar o campamento do colexio para os pais de nenos que xa están inscritos ou para os que precisen solucionar alguna dúbida antes de anotar o/os cativos.


Será no centro Cultural de Emilio Crespo na Rúa Bravo -  20:00 h


 17 de xuño de 2016

PARQUE D'ARTE NAVIA - 19 XUÑO


LIBROS 3º E 5º IMPORTANTE

Para os cursos de 3º e 5º o colexio dispoñe dun banco de libros para 25 alumnos, polo que TODOS  os nenos que soliciten libros terán dereito a eles.


As persoas que non entregasen a solicitude de bolsa/fondo no colexio, deberan entregalo antes do 23 de xuño. Se xa o entregou non fai falta que cubra nada
                                                                                 --------

Tamén comunicamos ós pais que non necesiten ós libros de 4º e 6º, e non teñen que devolvelos ó colexio, poden donalos durante a festa de fin de curso do próximo 22 pola tarde, non local da ANPA.

As familias de 4º e 6º que queiran libros do fondo de libros do ANPA poden solicitalo no correo do anpa anpaalfonsorodriguezcastelao@yahoo.es




Grazas

xoves, 16 de xuño de 2016

CURSO 2016-2017 DATAS DE INTERESE




no DOGA de hoxe, 15 de xuño de 2016, sae publicada a ORDE do 7 de xuño de 2016 pola que se aproba o CALENDARIO ESCOLAR PARA O CURSO 2016/17 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

RESUMO

ACTIVIDADES LECTIVAS: 
 1. No 2º ciclo de educación infantil, na educación primaria e na educación especial, a impartición efectiva de clases realizarase do día 12 de setembro de 2016 ao 23 de xuño de 2017, ambos incluídos. 

2. Na educación secundaria obrigatoria, no bacharelato e na formación profesional, a impartición efectiva de clases realizarase do día 15 de setembro de 2016 ao 23 de xuño de 2017, ambos incluídos. 

3. Nas ensinanzas de réxime especial, as actividades lectivas realizaranse entre os días 15 de setembro de 2016 e 30 de xuño de 2017, de acordo cos calendarios de probas de acceso e probas de certificación establecidos para cada unha delas. 

  * COMEDORES ESCOLARES DOS CENTROS PÚBLICOS: 
 - en Educación Primaria, funcionarán dende o día 12 de setembro de 2016 ata o 23 de xuño de 2017.
 - en Educación Secundaria Obrigatoria,funcionarán dende o día 15 de setembro de 2016 ata o 23 de xuño de 2017.
 * PERÍODOS DE VACACIÓNS: 
  1.  Nadal: desde o día 22 de decembro de 2016 ata o día 6 de xaneiro de 2017, ambos inclusive.

 2. Entroido: días 27 e 28 de febreiro e 1 de marzo de 2017. 

 3. Semana Santa: desde o día 10 ata o 17 de abril de 2017, ambos incluídos.




Durante o curso escolar celebraranse, como mínimo, as seguintes conmemoracións:
– 20 de novembro de 2016: Día Universal da Infancia.
– 25 de novembro de 2016: Día Internacional contra a Violencia de Xénero.
– Do 1 ao 11 de decembro de 2016: conmemoración da Constitución e do Estatuto de autonomía de Galicia.
– 10 de decembro de 2016: Día da Declaración Universal dos Dereitos Humanos.
– 30 de xaneiro de 2017: Día Escolar da non Violencia e da Paz.
– 8 de marzo de 2017: Día Internacional da Muller.
– 15 de marzo de 2017: Día Mundial dos Dereitos do Consumidor.
– Do 6 ao 10 de marzo de 2017: Semana da Prensa. Un día desta semana traballarase na aula con xornais.
– 7 de abril de 2017: Día Mundial da Saúde.
– Entre o 17 e o 21 de abril de 2017: Semana do Libro.
– 9 de maio de 2017: Día de Europa.
– Do 9 ao 17 de maio de 2017: Semana das Letras Galegas.
– 5 de xuño de 2017: Día Mundial do Medio Ambiente.
2. De conformidade co establecido no artigo 26.2 da Lei 2/2014, do 14 de abril, pola igualdade de trato e a non discriminación de lesbianas, gays, transexuais, bisexuais e intersexuais en Galicia, para favorecer a visibilidade e integrar de forma transversal a di­versidade afectivo-sexual, os centros docentes sostidos con fondos públicos realizarán actividades específicas próximas ás datas de celebracións internacionais relacionadas co recoñecemento efectivo do dereito destas persoas.
3. Cando algunha das datas a que se refiren os puntos anteriores sexa sábado, domin­go, festividade local ou estea incluída nalgún dos períodos de vacacións establecidos no artigo 6 desta orde, a correspondente conmemoración celebrarase o día lectivo inmediata­mente anterior ou posterior, segundo estableza a programación xeral anual de cada centro.
4. As datas a que se refiren os puntos 1 e 2 son lectivas para todos os efectos e nelas os centros deberán organizar actividades diversas, tendentes a salientar a importancia das conmemoracións mencionadas.