luns, 8 de febreiro de 2016

TERAPIA CON CANS PARA NENOS NEAE

FOANPAS en colaboración con RAMALLADAS e a través do Concello de Vigo, ‭ ‬están ‭ ‬a ‭ ‬desenvolver ‭ ‬un ‭ ‬programa ‭ ‬de ‭ ‬intervención ‭ ‬dirixido ‭ ‬a alumnado con Necesidades Específicas de Apoio Educativo (NEAE).

É ‭unha terapia asistida con cans de 11 meses de duración (de febreiro ‬ata decembro) na que se fixan obxectivos específicos para cada neno/a.

Estes traballaranse en sesións de 20 minutos, nos que o/a neno/a estará coa terapeuta e o can a soas.

Hai prazas dispoñibles, polo que existe a posibilidade de incluír a mais nenos e nenas en dita terapia. 
De cada caso farase unha valoración para tentar ‭ ‬que ‭ ‬acudan ‭ ‬a ‭ ‬esta ‭ ‬actividade ‭ ‬os ‭ ‬nenos ‭ ‬e ‭ ‬as ‭ ‬nenas ‭ ‬que ‭ ‬máis ‭ ‬o precisan.  

Para iso ‭ ‬é ‭ ‬preciso que ‭ ‬dende ‭ ‬os ‭ ‬departamentos ‭ ‬de ‭ ‬orientación nos faciliten ‭ ‬datos ‭ ‬dos/as ‭ ‬nenos/as, ‭ ‬indicando ‭ ‬o ‭ ‬nome ‭ ‬e ‭ ‬apelidos, ‭ ‬un contacto, cal é o seu diagnóstico (conductual, afectivo-social, disfunción funcional…) e se acude a algunha terapia ou gabinete.

Ningún comentario:

Publicar un comentario