luns, 22 de febreiro de 2016

II XORNADA DE EDUCACIÓN VIAL NO CEIP SARDOMA-MOLEDO

Achegámos a seguinte información para participar nun proxecto do CEIP Sardoma-Moledo que consideramos interesante:

II Xornadas de educación vial: FORMAR PEÓNS E CONDUCTORES RESPONSABLES

O próximo sábado día 27 de febreiro dende as 11h ata as 13h. Combinaranse unhas breves charlas teóricas con conceptos básicos e uns circuítos prácticos nos patios do colexio CEIP Sardoma-Moledo. O Programa é o seguinte:

1ª Rolda: Os máis cativos (4º, 5º e 6º de Educación Infantil) 30 prazas
11:00 - 11:10 Charla teórica.
11:10 - 11:30 Circuíto práctico
2ª Rolda: Os medianos ( 1º, 2º e 3º primaria) 40 prazas
11:30 - 11:45 Charla teórica
11:45 - 12:15 Circuíto práctico
3ª Rolda: Os maiores (4º, 5º e 6º primaria) 40 prazas
12:15 ata 12:30 Charla teórica
12:30 ata 13:00 Circuíto práctico

As 13:00 entrega de diplomas de asistencia as xornadas.
¿Qué tedes que facer? Apuntarvos na seguinte dirección anpasardomamoledo@gmail.com indicando:
1. No asunto poñer Educación Viaria 2016
2. Nome do nen@
3. Edade, curso escolar e centro educativo.

PRAZO de solicitudes dende o 15 de febreiro ata o mércores 24 de febreiro. O número de prazas será cuberto por orde de chegada das solicitudes. Os rapaces/as terán que estar acompañados por un pai/nai/ titor legar ou persoa responsable. Vide motorizados bicicleta ou patinete e por suposto CASCO.
Dirección: Rúa do Marco nº 30 (36214) Sárdoma. Vigo
¡¡¡ Animádevos a disfrutar dunha experiencia diferente!!!!. Vos esperamos.
NOTA: A xornada poderíase cancelar se as condicións metereolóxicas o impiden.


Ningún comentario:

Publicar un comentario