martes, 16 de febreiro de 2016

PARA REFLEXIONAR

Tras a reunión mantida en FOANPAS (Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Alumnos) á que acudiu parte da directiva deste ANPA achegámosvos a reflexión que nos envían desde FOANPAS. Merece a pena dedicar uns minutos á súa lectura.


Queridas Anpas:

Tras a asemblea do día 21 de xaneiro no que debatemos sobre as FUNCIÓNS das Anpas e FOANPAS, queremos invitarvos a LER o seguinte escrito e se tedes a ben, difundilo co fin de afondar en tódalas reflexións que xurdiron ese día.

Partimos de, Qué é unha Anpa?
É unha asociación, sen ánimo de lucro, formada polas nais e os pais do alumnado dun centro educativo non universitario. Estas nais e pais, deciden unirse voluntariamente, coa finalidade de participar e intervir na xestión dun centro, buscando mellorar a educación e lograr un clima favorable de convivencia no mesmo.

Analicemos esta definición e fagámonos as seguintes preguntas:

Qué se entende por participar e intervir na xestión dun centro? Ir asumindo cada vez máis a xestión de servizos, que na actualidade son complementarios ó centro, como aula madrugadores, actividades extraescolares, comedores, e cada vez máis campamentos para os períodos non lectivos?; ou, pola contra, será participar a través do consello escolar e intervir realmente na xestión do centro, debatendo e aprobando documentos como a planificación anual do curso escolar, o proxecto educativo do centro, a xestión económica do ano, supervisar o control da convivencia e dos resultados académicos, facer achegas de actividades complementarias,...etc.?.

NON PODEMOS e NON DEBEMOS seguir por este camiño, dentro de pouco seremos unha empresa xestora de servizos, cunha xestión cada vez máis complicada das nosas asociacións. ¿Cómo é posible que asumamos e aceptemos que poder CONCILIAR vida familiar e laboral estea nas mans doutros pais/nais que ceden o seu tempo voluntariamente? ¿Non debería o Goberno garantirnos eses servizos? ¿Qué pasa se non hai ninguén que queira continuar con esa labor?; se pechan os comedores?, non imos traballar porque non teño con quen deixar os fill@s pola mañá?... Creemos que o camiño a seguir é loitar porque a administración asuma eses servizos e nós ADICARNOS a MELLORAR A EDUCACIÓN e lograr un bo clima de convivencia.

Están nunha posición moi cómoda:
- NON asumen o RISCO de calquera destes servizos.
- NON teñen que perder o tempo en buscar ORZAMENTOS para comparar cal é o mellor.
- NON levan control dos COBROS...e outros moitos pero...

Se profundizamos darémonos conta de que pouco a pouco, paulatinamente están conseguindo que as Anpas queden relegadas case exclusivamente a funcións de convivencia, celebración de festas, que tamén son necesarias, e a XESTIONAR SERVIZOS. Isto fai que o noso
escaso e valioso tempo, e os nosos recursos se consuman... e onde está a MELLORA DA EDUCACIÓN?.
Cántos dos nos@s asociados saben que é realmente a LOMCE?, Cántos coñecen o PEC do seu centro?, Cántos saben o que implican as reválidas?, Cántos coñecen que é a F.P: Básica?, Cántos son conscientes das batallas que teñen os pais/nais de nen@s con enfermidades graves para poder recibir unha atención domiciliaria?, Cántos saben os ciclos educativos polos que van pasar os nos@s fill@s? Cántos coñecen as funcións do equipo de orientación do seu centro, ou máis ben, saben que hai equipo de orientación? Cántos son conscientes do problema gravísimo de acoso escolar que están a vivir moitas familias?, Cántos se preocupan por saber se no seu centro hai plan para afrontar o fracaso escolar? ..e poderíamos seguir...

....QUÉ FAI FALLA PARA REACCIONAR? A que por desgracia o nos@ fill@ caia enferm@?, A que nos comuniquen que os nos@s fill@s non promocionan porque non superaron a reválida?... A que se SUICIDE un nen@ por non soportar máis o acoso escolar?...

Somos conscientes de que no momento actual hai unha crise de participación en moitos ámbitos da vida, temos un ritmo de vida galopante, correndo para todos lados, horarios de traballo incompatibles coa vida familiar, traballo...casa...fill@s...familia...amigos...parella...todo precisa tempo e hai veces que nos topamos que non damos para máis; SÍ todo isto o sabemos o coñecemos e o vivimos, porque o igual ca vós, os membros da xunta directiva de Foanpas tamén o viven, pero tamén sabemos que en moitas ocasións QUERER é PODER.

Dende aquí vos pedimos axuda para seguir LOITANDO pola EDUCACIÓN PÚBLICA d@s nos@s fill@s con todo o que elo conleva. Gustaríanos ver e sentir que somos arroupados cando reivindicamos O DEREITO A UNHA EDUCACIÓN DE CALIDADE.

Vaise crear unha COMISIÓN DE MELLORA DO ENSINO dentro de FOANPAS co fin de traballar todo o mencionado neste escrito. Gustaríanos que participarades. Se estades dispostos poñédevos en contacto con FOANPAS.

GRACIAS polos vosos 5 minutos de lectura.

Adxuntamos un Power Point para que vos sirva de referencia e reflexión.


Un saúdo.

FOANPAS






Ningún comentario:

Publicar un comentario