Amosando publicacións coa etiqueta Charlas-obradoiros. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Charlas-obradoiros. Amosar todas as publicacións

mércores, 5 de outubro de 2016

I XORNADAS DE ATENCIÓN A DIVERSIDADE


Esta fin de semana presentanse en Redondela a I Xornada de atención a diversidade con intervencións tan importantes como a do Dr. Ángel Carracedo Álvarez (Premio Nacional de Xenética aplicada 2015)

As xornadas contan con servizo de gardería e tradución de lingua de signos e está dirixido a profesionais e familias.


VI XORNADAS SOBRE TDAH ANHIDA

O vindeiro 22 de outubro celebraranse as VI Xorndas ANHIDA formativas e informativas sobre TDAH.

As xornadas son de máximo interese e dividense en dúas partes: ponencias e obradoiros.

Lugar: Helios Centro Cultural Bembrive
Horario: 9 - 20.15 h
Inscripcions: anhidavigo@anhida.org ou nos tlf 886 123 864 - 654 735 266



sábado, 1 de outubro de 2016

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS A LINGUA DE SIGNOS

Debido a boa acollida da anterior edición destas Xornadas organizadas pola FAXPG , ofrécese de novo as "Xornadas de Portas Abertas da Lingua de Signos" no mes de outubro nas sete principais ciudades de Galicia.

Levarase a cabo unha clase de proba de 120 minutos totalmente de balde para persoas maiores de 16 anos interesadas en aprender esta lingua.

Para apuntarse as xornadas ou obter máis informazón só tedes que entrar na web da FAXPG.


domingo, 18 de setembro de 2016

FESTIVAL DAS NÚBEBES

Este fin de semana comezou a cuarta edición do Festival das Núbebes na cidade de Pontevedra.

Para quen non coñeza esta iniciativa, trátase dunha estupenda proposta que comprende actividades moi diversas dirixidas a bebés e nenos de 0 a 6 anos e as súas familias, por diversos espazos da cidade (Casa Azul, Teatro Municipal...) e, a maioría, son de balde.

Este ano, ademáis da habitual oferta de obradoiros e mostras de  música, danza, contacontos, xogos, etc, a sección de ponencias para profesionais trae o recoñecido pediatra Carlos Gónzalez, escritor de varios libros sobre a crianza con apego , a lactancia materna e outras cuestións de máximo interese, sempre dende a persectiva do respeto ó nen@.

Estas ponencias serán os días 24 e 25 de setembro e estarán abertas tamén as familias.

A continuación tendes o programa completo.





Animamos a toda a comunidade educativa a asistir!

venres, 15 de abril de 2016

IV XORNADAS INCLUSIÓN EDUCATIVA - FOANPAS


O próximo 7 de Maio terán lugar na ESAD as 
IV xornadas de INCLUSIÓN educativa. 
orientadas á formación de profesores, educadores, familias e persoas con intererés na inclusión de nenos e nenas con NEAE





luns, 11 de abril de 2016

I XORNADAS REDES SOCIAIS


POSPOSTO 
Lamentablemente non houbo suficiente demanda por parte dos pais. 



Informámosvos que FOANPAS organiza a I Xornada sobre REDES SOCIAIS o vindeiro venres 22 de abril no Salón de Actos do IME, sito en Camiño do Chouzo, nº 2(Vigo), dende as 16:30 horas ata as 20:00 horas da tarde.

Son unhas xornadas dirixidas á comunidade educativa dos centros de ensino público (nais/pais, mestres/as, directores/as, orientadores/as, etc.), nas que se falará das redes sociais, do seu uso, das consecuencias dun mal uso, da responsabilidade das familias na educación sobre o seu uso, das posibles adiccións ás novas tecnoloxías …

Intervirán Antonio Rial Boubeta, profesor da USC que falará sobre “Internet: escolares galegos/as en risco?” e María Lobo e Roi Guitián, de Gingko, comunicación e educación que  se  centrarán  en “As Novas Tecnoloxías como ferramenta de traballo na aula

Os/as interesados/as podedes inscribirvos vía telefónica: 986298812 ou no correo electrónico: foanpas@foanpas.com ata o 22 de outubro. Prazas limitadas!!

domingo, 27 de marzo de 2016

II XORNADAS DE IGUALDADE E EDUCACIÓN

Axúntase información das II XORNADAS DE IGUALDADE E EDUCACIÓN que se celebrarán o vindeiro 9 de abril no Museo do Mar de Galicia (Avenida Atlántida 160).
 
Son unhas xornadas dirixidas á comunidade educativa dos centros de ensino público nas que contaremos con persoas referentes no eido da

Igualdade de xénero 

María José Méndez - profesora da USC 
Ana García - axente de igualdade do concello de Vigo  
e Alba Alonso - nai, mestra e doutora en filoloxía inglesa , 

da diversidade sexual 
Cristina Palacios - presidenta de ARELAS - 
e Paula Fernández - axente de transformación  

da trata de mulleres e nenas 

Mabel Lozano - modelo, actriz e documentalista

 
As inscricións poden facerse ata o 7 de abril no 986298812 ou en foanpas@foanpas.com




 
 
Contaremos con servizo de ludoteca para nenos/as de 3 a 12 anos, previa inscrición e se se acada un número mínimo de nenos/as inscritos/as.
 

mércores, 23 de marzo de 2016

REVALIDAS DA LOMCE


FOANPAS ofrece unha charla coloquio dirixida á comunidade educativa dos centros de ensino público de Educación Infantil, Educación Primaria e Secundaria de Vigo.  

                “AS REVÁLIDAS DA LOMCE, UNHA REALIDADE” 

Estará impartida por membros dos sindicatos de ensino: CIG, CCOO e UGT (STEG pendente de confirmar). 
Nela tratarase todo o relativo ás avaliacións impostas na LOMCE, tanto as de primaria como as de secundaria: cando se realizan? En que consisten? Que fin ten cada unha? Como repercute no alumnado? 
A charla terá lugar o MÉRCORES 6 de ABRIL ás 17:30 horas. Será no Salón de Actos do Instituto Municipal de Educación (IME), sito en Camiño do Chouzo nº 2.

A inscrición pode facerse no 986 29 88 12 ou enviando un correo electrónico a foanpas@foanpas.com (con nome e apelidos, teléfono, e-mail e centro educativo ao que pertence). Ata o 5 de abril.

xoves, 3 de marzo de 2016

XORNADA SOBRE ORIENTACIÓN ESCOLAR

FOANPAS organiza unha xornada sobre a orientación escolar e a figura do/a orientador/a:
“A CONTRIBUCIÓN DAS COMPETENCIAS EMOCIONAIS D@S ORIENTADOR@S: ¿UN RETO PARA O MOMENTO ACTUAL?”
Terá lugar o vindeiro venres 11 de marzo no Salón de Actos do IME (Camiño do Chouzo nº 2) a partir das 17:00 horas (apertura de portas) e ás 17:30 a intervención da ponente.
Estará impartida por Laura Malvar, orientadora do IES de Poio (Pontevedra) e está dirixida á comunidade educativa dos centros de ensino público.
Nela tratarase a figura do/a orientador/a escolar e cal é o seu papel no centro educativo, tendo en conta as características persoas destes/as profesionais e o momento educativo e social actual.
Os/as interesados/as podedes inscribirvos vía telefónica: 986298812 ou no correo electrónico: foanpas@foanpas.com 

venres, 26 de febreiro de 2016

CURSO LINGUAXE DE SIGNOS

Dende Foanpas avisánnos dun novo curso de língua de signos. 

........

Desde AZ  sabemos que la lengua de signos aumenta las posibilidades de experiencias  sociales , personales y laborales.
AZ es un espacio de comunicación , de formación , de actividades y de sensaciones formado por educadores, intérpretes y profesionales de las artes.

La lengua de signos es la lengua que usan las personas sordas, pero en AZ, también nos gusta adaptar los recursos y herramientas propios de este idioma para trabajarlo en otros ámbitos:  bebés , niños , escuela, anpas y comedores escolares, diversidad funcional, ámbito sanitario, educativo, administrativo...etc.


A lo largo de los meses de marzo , abril y mayo  lanzamos un nuevo Curso de Iniciación a la Lengua de Signos , en nuestro espacio situado en la Calle Salvatierra nº 11 (Cerca de Traviesas-Coia) -Vigo

Nuestros Horarios y grupos son:

Lunes y Miércoles de 9:30 a 11:30
ó
Lunes  y Viernes  de 19:30 a 21:30


La matrícula es gratuita . La duración del curso tiene un total de 40 horas y su precio es de 96 € que se pueden pagar en tres cuotas de 32 € mensuales.
Las plazas son limitadas y la fecha de inscripción termina el 4 de Marzo.

martes, 23 de febreiro de 2016

SOBREVIVIR Á ADOLESCENCIA

 
FOANPAS organiza un taller dirixido á comunidade educativa dos centros de ensino público (nais, pais, mestres/as, orientadores/as, psicólogos/as…) 
Unha comunicación afectiva, rompendo o silencio do adolescente
Barreiras de comunicación
Como detectar o bullying
Formación de habilidades e resolución de conflictos ¡¡¡PRAZAS LIMITADAS!!! 
Cando: LUNS 7 , MARTES 8 , MÉRCORES 9 de MARZO  
A que hora: 17:00 – 20:00
Onde: FOANPAS - IME (Camiño do Chouzo, nº 2)
Inscricións no 986 298 812 ou en foanpas@foanpas .com
Imparte Mili Esteban, psicóloga, experta en coaching e Intelixencia Emocional

martes, 9 de febreiro de 2016

IMAGINE ELEPHANTS

SE NON POIDECHES VELO NO COLE, AGORA PODES ASISTIR


BUSCAMOS LECTORES PARA FALADOIROS



O vindeiro mércores 30 de marzo ás 17 horas en FOANPAS teremos un faladoiro sobre o libro de José Antonio Marina: “Despertad al diplodocus”.
Na oficina de FOANPAS temos exemplares do libro para o seu empréstito. Podedes solicitalos.
Animádevos a participar e anotáremos.

MAIS INFORMACIÓN MEMBROS DO ANPA OU NO CORREO ELECTRÓNICO

"Espertade ao Diplodocus" é unha chamada á acción, unha invitación para sumarse a unha conspiración para espertar a un sistema educativo que se atopa durmido. A revolución que persegue busca promover unha "Sociedade da Aprendizaje" a todos os niveis.
Para emprender un cambio educativo é necesario crer que pode producirse, querer facelo e saber facelo. Debemos iniciar un proceso de complicidade irradiante cun obxectivo en mente, o "obxectivo cinco anos", que persegue o éxito educativo, cunha serie de metas, e a súa propia folla de ruta e metodoloxía, exposta no libro. A xestión do cambio educativo debe producirse a través dun pacto social sobre educación, que termine conducindo a un pacto político, unha "mobilización educativa de toda a sociedade" que provoque o cambio que estamos a buscar.
O libro expón un modelo de intelixencia integradora e práctica para a educación e desde a educación, a Teoría Executiva da Intelixencia, de gran importancia para a escola. E fálase da mellor maneira de empregar ben a intelixencia, determinada pola calidade dos proxectos que emprende, a elección das metas adecuadas e o fomento de bos valores. A Teoría Executiva da intelixencia descansa sobre unha teoría da personalidade flexible e ampla, que coloca ao suxeito no centro da educación, máis aló das meras habilidades e destrezas. Presenta ademais o Proxecto Centauro, focalizado na idea de "inteligencia aumentada".
Os cinco "motores do cambio" que deben alimentar a conspiración educativa son a escola, a familia, a cidade, a empresa e o estado, e preséntase para cada un unha folla de ruta, expoñendo as diferentes maneiras en que poden sumarse á ela para lograr o obxectivo a cinco anos. Trátase de redes expansivas que operan en niveis ascendentes de complexidade, e onde cada nivel depende do nivel de abaixo, pero inflúe retroactivamente nel. Entra así en xogo a "Lei da Probabilidade Educativa": non podemos en sistemas complexos pretender que as nosas accións produzan directamente un resultado concreto; soamente podemos aumentar a probabilidade de que ocorra un fenómeno, poñendo en marcha as forzas que poden conducir a el.
Para poder provocar o cambio que buscamos cara a unha "Sociedade da Aprendizaxe", necesitamos unha teoría do cambio que os sustente. O autor defende traballar por un saber a nivel superior, que aglutine o mellor das diferentes ciencias: unha "Ciencia da Evolución Cultural e do Progreso educativo". Esforzarse por comprender os mecanismos da evolución cultural e aprender a orientala é unha tarefa fundamental da educación.
Os problemas aos que se enfrontan as diferentes sociedades son universais, pero as diferentes formas de resolvelos foron específicos de cada cultura. Unha"Ciencia da Evolución Cultural" estuda as mellores solucións aos problemas que deu a convivencia, e incluiría unha crítica cultural que teña a felicidade obxectiva como finalidade en mente. Porque habemos de realizar os nosos proxectos máis íntimos, como o de ser feliz subjetivamente, integrándoos en proxectos compartidos, como o da xustiza (a felicidade obxectiva ou política). Fronte ás morais particulares de cada cultura, a Ética favorece unha moral transcultural. A "Sociedade da Aprendizaxe" debe por tanto enmarcarse dentro dun proxecto máis amplo, o da convivencia ética universal. Debemos aprender a ser felices subjetivamente, e debemos aprender a selo obxectivamente, tratando de construír sociedades xustas que favorezan os nosos proxectos persoais.

venres, 11 de decembro de 2015

IMAGINE ELEPHANTS

Dende a Anpa do Escultor Acuña queren invitar ós que non poideron asistir a proxección no noso colexio deste gran proxecto.
 

Desde o ANPA ESCULTOR ACUÑA queremos convidarvos á Proxección de Imaxine Elephants que terá lugar o vindeiro luns día 14 de Decembro de 2015 no CEIP ESCULTOR ACUÑA ás 16:30h sobre un tema de especial interese na comunidade educativa: A IMPORTANCIA DO XOGO E A INFANCIA.
 
Despois da proxección pasarase a un debate cos propios creadores do proxecto, que seguro que será moi gratificante.
Mais información sobre Imaxine Elephants en Facebook o en su web: www.imaginelephants.com
Agradecemos a súa difusión entre a comunidade educativa (profesores, país, nais, etc.) de todos os colexios da zona.
A entrada é gratuita e para reservar praza poden facelo no teléfono 677 236143 ou ben enviando un mail a: anpa.escultoracunha@gmail.com
 
Un saúdo,
 
 
ANPA ESCULTOR ACUÑA

mércores, 9 de decembro de 2015

TALLERES FAMILIARES NADAL GRATUITOS - FOANPAS

Este Nadal FOANPAS ofrece unha serie de talleres familiares gratuítos para
as familias dos centros de ensino público e así poder desfrutar nestas
vacacións.
Este é o cronograma de talleres:
 
LUNS 21 de DECEMBRO: Teatro “Teddy Bear” e obradoiro
Dirixido ao alumnado de 3 a 12 anos (2º ciclo de Educación Infantil e
Educación Primaria).  
De 11:00 a 13:00 ofrecido por TeatroEstepario
 
MARTES 22 de DECEMBRO: Obradoiro de Diverciencia.  
Dirixido ao alumnado de 6 a 14 anos (Educación Primaria e e da ESO). 
De 11:00 a 13:00 ofrecido por Sportemp
 
MÉRCORES 23 de DECEMBRO
obradoiro de Estimulación Musical.
Dirixido a nenos/as de 0 a 5 anos (1º e ciclo de Educación
Infantil). 
De 11:30 a 12:30 ofrecido por La Flauta Mágica.
 
Para asistir hai que anotarse (prazas limitadas) no 986298812 ou enfoanpas@foanpas.com ata o 17 de decembro.

xoves, 3 de decembro de 2015

CONTACONTOS EN LINGUA DE SIGNOS - VENRES 4 DECEMBRO

LIBROS PARA SOÑAR CELEBRA ESTE VENRES UNHA SESIÓN DE CONTACONTOS EN LINGUA DE SIGNOS
 
“Cantos e contos no Nadal” é o lema da programación deste mes, que inclúe unha homenaxe a Xosé Neira Vilas e a presentación dun libro despregable de autores vigueses
 
“Imos cazar un oso”, un clásico da literatura infantil de Michael Rosen e Helen Oxenbury, é a obra na que se inspira a sesión de contacontos deste venres, a partir das 18:30 horas, en LIBROS PARA SOÑAR. A partir deste relato, a actriz María Costa, do grupo Malvamos Teatro, e a intérprete de lingua de signos Aránzazu Casas, de AZ Lengua de Signos, representarán unha versión moi especial da obra, co título “Imos buscar un abeto”, na que lingua de signos e lingua oral se mesturan simultan
eamente.

xoves, 26 de novembro de 2015

TALLER DE ARTE NA SESIÓN DE ANIMACIÓN Á LECTURA DE LIBROS PARA SOÑAR



LIBROS PARA SOÑAR dedicará a sesión do venres 27, a partir das 18:30 horas, a contar
relatos relacionados coa arte. “O artista que pintou un cabalo azul”, de Eric Carle, e “O
soño de Matías”, de Leo Lionni, publicados por KALANDRAKA, serán dous dos títulos
destacados. Os seus autores son prestixiosos artistas plásticos que enfocaron o seu
talento á literatura infantil e xuvenil, tanto como autores dos textos como das imaxes dos
seus libros.
O neoiorquino Eric Carle é autor de máis de 70 álbums, cunha traxectoria que se remonta a
finais dos anos 60. Traballara nunha axencia de publicidade e na prensa escrita antes de
dedicarse á creación de libros, un labor polo que recibiu importantes premios
internacionais. “O artista que pintou un cabalo azul” -homenaxe ao pintor alemán Franz
Marc (1880-1916), precursor do expresionismo- ten un trasfondo autobiográfico: Eric Carle
retrátase como un ilustrador que non se cingue estrictamente á realidade, mostrándose
orgulloso de practicar un estilo característico que o distingue.
En “O soño de Matías”, Leo Lionni presentou unha proposta baseada na primeira visita a
un museo, facendo un percorrido por diferentes estilos artísticos, dende o clasicismo dos
retratos históricos e os bodegóns, ata as vangardas pictóricas como o impresionismo, o
cubismo ou o surrealismo. Leo Lionni, que foi premiado en 1984 coa Medalla de Ouro do
Instituto Americano de Artes Gráficas, comezou a facer libros infantís a finais dos anos 50
e a súa produción sumou máis de 40 títulos aclamados en todo o mundo pola crítica
especializada.
A actividade rematará invitando os nenos e nenas a colorear o “Senecio” de Paul Klee, que
está na portada de “Gorigori”, un poemario de María Jesús Jabato galardoado co Premio
Internacional Ciudad de Orihuela 2013 de Poesía para Nenos e publicado por Faktoría K.

martes, 17 de novembro de 2015

IMPRESIÓNS DE PROFESORES E FAMILIAS SOBRE A PROXECCIÓN E DEBATE DE IMAGINE ELEPHANTS

deixámosvos as impresións dalgúns pais e profesores que asistiron á proxección. Se queres que publiquemos a túa impresión podes enviala ao correo do anpa



Desde que me he encontrado con Imagine Elephants han logrado (junto aMiguel Castro) cambiar mi mirada y ya no hay vuelta a atrás. Siento que a veces nos dejamos lo mejor de nosotros mismos por estarperdidos en  "problemas" o "necesidades"; superfluas y por MIEDO a creeren nosotros y en nuestros hijos. Nos ponemos excusas y podemos hacer TANTAS cosas, sólo tenemos que QUERER hacerlas y compartirlas. Seremos  mucho  más  auténticos  y  podremos  mostrar  al  mundo  y  anuestros hijos nuestra verdadera identidad. Yo estoy encontrando mi identidad a mis 43 años, y  "dejando" a mi hija Inés que la encuentre por sí misma, el proceso es INCREÍBLE!  Y tú? madre, padre, maestro qué quieres hacer??

Emma, madre de Inés 4 años.


Me hizo pensar mucho y ver que puedo ser mucho mejor madre, soltar a los niños y no llevarlos simpre pegados a mí.
Hacerlos más independientes aunque tenga que perderlos de vista, confiar en ellos.
Que aunque sea un paso pequeño todo ayuda y un pasito hoy puede ser un gran cambio mañana.

Sara, madre de Ayla y Jonás, 6 y 4 años.


Creo que hicieron un trabajo impresionante recopilando las sensaciones de distintas personas al recordar su infancia y lo que para ellos significa el juego. Me gustó mucho el planteamiento de lo que sería un aprendizaje ideal en el colegio mediante más tiempo dedicado al juego, lo importante que es y lo mucho que se aprende con él. Y me quedo con una de las frases que decía, más o menos, que el juego es tener pasión por la vida. Llevarlos al cole fue un gran acierto.

Eva, madre de Sara, 4 años.



Ya conocía el documental por lo que mi interés principal era estar en el debate.
Me alegré mucho ver que varias profesoras estaban allí, eso dice mucho de esllas, así como de la directora.
Gracias, de corazon por haber invertido su tiempo en estar allí y en participar activamente.
De la jornada me llevo dos cosas por las que creo que merece la pena luchar:
1. La soledad de las familias y la necesidad de hacer tribu. Había ganas de hablar de nuestros hijos, de exponer nuestros miedos y preocupaciones, nuestras necesidades como padres y sobre todo de compartir. Creo que es básico trabajar en esta línea. No sé si proponiendo actividades ocasionales o haciendo grupos de crianza; pero hay necesidad porque nadie puede criar ni educar en soledad.
2.Que podemos hacer? Esta fue la pregunta que lancé pero se diluyó. Realmente sabemos que el juego es vital en el niño. El aprendizaje debe hacerse a través del juego. Queremos niños que jueguen. Qué podemos hacer? Pero no las familias por un lado y los profes por otro... sino todos juntos. Por la educación de nuestros hijos. Qué medidas pueden ser realistas? Una primaria sin libros de texto y con más experimentación? Crear rincones por toda la escuela que fomenten la creatividad de los niños mientras juegan? Hacer jornadas? Reestructurar las aulas?

Yo como mamá y maestra propongo volver a reunirnos quienes queramos esto. Seamos 4 o 30, da igual. Pero que no quede en el olvido.

Gracias al ANPA por esta oportunidad. De verdad!

Vero, maestra y madre de Tiago 3 años.



O IMPORTANTE:

Vivindo nun mundo cheo de cousas uxentes, inmimentes, irremprazabeis e caóticas, pasar unha tarde falando do xogo da vida, da imaxinación e do amor profundo... axuda a recolocarse e lembrar que é o IMPORTANTE, cal é o verdadeiro tesouro: AS NENAS E NENOS.

Moitas grazas á xente de Imagine Elephans. Xa estamos vinculados.

Patricia, maestra E.I. 3 años.



A educación dos Nenos e Nenas
é unha receta que hai que Imaxinar.
Os profes e as familias
todos xuntos temos que colaborar.
Os ingredientes poden ser:
INTERMINABLES apertas de PACIENCIA
TODOS os bicos de CONFIANZA
INFINITOS achuchóns de ESFORZO
ETERNOS Aloumiños de LOUCURA

O pasado Martes aprendimosque o XOGO é a sal da vida.
Así que temos que botarlle sal a todas as nosas comidas.

Laura, maestra E.I. 4 años.



Foi unha verdadeira ledicia asistir á conferencia de Imagine Elephants sobre a importancia do xogo. E poder compartir opinións entre o profesorado e as familias.
¡Que importancia ten o xogo nas nosas vidas, e moi especialmente nos pícaros e pícaras!
A través da actividade lúdica podemos axudar ao cativo e cativa a sociabilizarse, axudarlle a desenvolver a súa percepción, a súa memoria, o imaxin, a intelixencia…
É unha ferramenta que lle permite autocoñecerse e, ao mesmo tempo, coñecer aos outros, cos que interactúa establecendo vínculos afectivos e interiorizando normas e pautas de convivencia básicas.
Como mestras podemos facer moito para que o xogo se valore, no nada máis des de o punto de vista lúdico, senón como dereito dos nenos e nenas e como metodoloxía de ensinanza-aprendizaxe.
Montse, directora y maestra de apoyo.



Eu non  coñecía o proxecto  presentado por Imagine Elephants e gustoume moito. Creo que foi moi enriquecedor o debate que fixemos logo entre “todas” (isto daría para outro debate), e deulle mais interese ao mesmo a presenza das mestras, xa que deste xeito puidemos escoitar impresións dende diferentes contextos. 
Falamos de grandes cambios e falamos de pequenos cambios, para min estes últimos son moi importantes xa que están presentes en moitas situacións do noso día a día e nas nosas mans.
Se me teño que quedar cunha frase quédome coa que me dixo a miña filla …"dos horas para hablar del juego! yo os lo habría explicado en 5 minutos”
Espero que se podan realizar mais charlas como estas e poder seguir debatendo entre todas e todos lévennos 5 minutos ou duas horas.


Vanesa, nai de Lucía e Mateo, 9 e 6 anos.