LIBROS PARA SOÑAR CELEBRA ESTE VENRES UNHA SESIÓN DE CONTACONTOS EN LINGUA DE SIGNOS
“Cantos
e contos no Nadal” é o lema da programación deste mes, que inclúe unha
homenaxe a Xosé Neira Vilas e a presentación dun libro despregable de
autores vigueses
“Imos
cazar un oso”, un clásico da literatura infantil de Michael Rosen e
Helen Oxenbury, é a obra na que se inspira a sesión de contacontos deste
venres, a partir das 18:30 horas, en LIBROS PARA SOÑAR. A partir deste
relato, a actriz María Costa, do grupo Malvamos Teatro, e a intérprete
de lingua de signos Aránzazu Casas, de AZ Lengua de Signos,
representarán unha versión moi especial da obra, co título “Imos buscar
un abeto”, na que lingua de signos e lingua oral se mesturan
simultan
eamente.

Ningún comentario:
Publicar un comentario