Este
venres teremos o tradicional Chocolate Con Churros.
-
Convidamos as Suas Maxestades de Oriente pero non saben se poderán vir os tres, polo momento só confirmou un. Mandáronnos a caixa de correos real para que os nenos poidan botar as cartas.Polo que precisamos que se algún pai/nai/avo... ten contacto cos reis pode poñerse en contacto co ANPA a maior brevedade. Os pequenos do colexio estarán moi agradecidos.
-
Na Ludoteca teremos "Cinema ao Vivo" da ESAD, que se fará en dúas quendas para poder representala para todos.A primeira quenda será ás 17:00 e irán os pequenos e os seus pais ata completar aforamento.Na segunda quenda, será ao acabar o primeiro co resto de nenos e adultos.Sempre con preferencia de nenos sobre maiores.
-
Durante a tarde ofreceranse 3 obradoiros moi interesantes, para nenos e adultos, con iso queremos lembrar a importancia do xogo non estruturado.
-
Tamén haberá un posto para recaudar fondos para a excursión, con rosquillas, galletas, calendarios, números para o sorteo da cesta de nadal….
Ningún comentario:
Publicar un comentario