Culturgal celébrase os días 4, 5, e 6 de decembro de 2015 no Pazo da
Cultura de Pontevedra. Nas datas habituais e, como non pode ser doutra
forma, o mesmo espazo no que ao redor de 15.000 persoas danse cita
anualmente na Feira das Industrias Culturais.
Unha oitava edición do Culturgal para facer da cidade de Pontevedra
un lugar de encontro confortable, eficiente e novedoso con centos de
liñas cruzadas entre públicos, expositores, creación, difusión,
institucións, participación, venda, distribución, formación…Tres días de
referencia para todas as persoas que fan parte diaria da actividade
cultural en Galicia e grazas ás que a Feira reborda de contidos,
entusiasmo e orgullo colectivo.
Palabra e comunicación. Unha novedosa distribución espacial dos
espazos e stands no recinto como a reformulación da circulación do
público incidirán nese obxectivo: mellorar a experiencia de públicos e
creadores coa palabra en todo o recinto. No programa de actividades,
cunha convocatoria a todo o sector que se abrirá antes do verán, a
palabra, como marca do Culturgal 2015, será protagonista en todas as
súas expresións: escrita, falada, declamada, cantada, a palabra nos
libros, na música, no cine, palabra para o debate, na internet, na
formación, etc.

Ningún comentario:
Publicar un comentario