xoves, 3 de decembro de 2015

CAMPAMENTO DE NADAL NO CEIP CANICOUVA - VIGO


CAMPAMENTO DE NADAL NO CEIP CANICOUVA - VIGO
(Aberto a nenos/as doutros centros educativos)
Un ano mais o CEIP Canicouva e a súa anpa confían en Imaxina para organizar o seu campamento de Nadal. 

Trátase dunha alternativa para os rapaces e rapazas e as súas familias durante as vacacións de Nadal. Levaremos a cabo un campamento urbano, logrando así unha boa conciliación da vida laboral e familiar mentres os nosos pequenos e pequenas gozan dunhas datas máxicas.

Este campamento está aberto a tódolos rapaces e rapazas que queiran asistir xa que non é imprescindible estar adscrito/a no centro educativo, poden acudir amigos/as, veciños/as, familiares, etc, soamente deben de estar en idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos.
Cumprimos cun amplo horario de 9:00h a 14:00h, coa posibilidade do servizo de madrugadores de 7:30h a 9:00h e de fiambreira dende as 14:00h ás 15:00h.
As actividades serán variadas: Panxoliñas, deseña a túa propia bufanda, realizamos un videoclip do Nadal, escritura creativa, e moitas actividades mais.

Ningún comentario:

Publicar un comentario