Dende a ANPA gustaríanos facer unha valoración das festas realizadas e para iso gustaríanos contar coa opinión de todos e todas e así poder seguir mellorando.
Agradeceríamos que nos escribisedes un correo coa vosa opinión e ideas para mellorar ou cun comentario a través deste mesmo blog.
Lembremos que a ANPA somos todos os asociados non só a directiva. e precisamos coñecer as vosas opinions.
A celebración comezou ás catro e media. Iniciáronse os talleres nos que o asombro e a ilusión foron os protagonistas.
O taller de maquillaxe foi xenial, libres para maquillarse entre eles e a si mesmos, gozaron e experimentaron a emoción do proceso sen importar o resultado.
O taller de alimentos foi literalmente ocupado polos maiores, sen tempos nin modelos marcados, experimentaron unha e outra vez, e outra vez máis, as posibilidades de crear desde o seu interior aumentando a confianza nun mesmo e deixando ser quen quere ser.
O barro, "o é todo e nada" di Tonucci e é que se enchen de sensacións, senten perdidos sen saber que facer e vólvense a atopar cheos de asombro ao ver de novo as posibilidades das súas capacidades creadoras.
Tivemos unha representación de Cine ao vivo: "O misterio de Belén". Unha representación onde se usou a imaxinación para facer unha representación atípica. É bo, que tanto maiores como pequenos saibamos cunhas simples figuras ou calquera obxecto facer voar a nosa imaxinación e crear unha historia, un conto....
Visitáronnos os Reis Magos para recoller as cartas que os nenos escribiron.
E como todos os anos tivemos o noso tradicional chocolate con churros.
Dende aquí queremos agradecer a colaboración de todos e todas para que esta festa se poda levar a cabo. Aos monitores de talleres, aos Reis Magos, aos que prepararon o chocolate, aos que axudaron a deixar todo recollido, aos actores, a dirección por facilitarnos material necesario e espazos e a todos os asistentes.
Saúdos e Feliz Ano!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario