FOANPAS ofrece unha charla coloquio dirixida á comunidade educativa dos centros de ensino público de Educación Infantil, Educación Primaria e Secundaria de Vigo.
“AS REVÁLIDAS DA LOMCE, UNHA REALIDADE”
Estará impartida por membros dos sindicatos de ensino: CIG, CCOO e UGT (STEG pendente de confirmar).
Nela tratarase todo o relativo ás avaliacións impostas na LOMCE, tanto as de primaria como as de secundaria: cando se realizan? En que consisten? Que fin ten cada unha? Como repercute no alumnado?
A charla terá lugar o MÉRCORES 6 de ABRIL ás 17:30 horas. Será no Salón de Actos do Instituto Municipal de Educación (IME), sito en Camiño do Chouzo nº 2.
A inscrición pode facerse no 986 29 88 12 ou enviando un correo electrónico a foanpas@foanpas.com (con nome e apelidos, teléfono, e-mail e centro educativo ao que pertence). Ata o 5 de abril.

Ningún comentario:
Publicar un comentario