xoves, 3 de marzo de 2016

XORNADA SOBRE ORIENTACIÓN ESCOLAR

FOANPAS organiza unha xornada sobre a orientación escolar e a figura do/a orientador/a:
“A CONTRIBUCIÓN DAS COMPETENCIAS EMOCIONAIS D@S ORIENTADOR@S: ¿UN RETO PARA O MOMENTO ACTUAL?”
Terá lugar o vindeiro venres 11 de marzo no Salón de Actos do IME (Camiño do Chouzo nº 2) a partir das 17:00 horas (apertura de portas) e ás 17:30 a intervención da ponente.
Estará impartida por Laura Malvar, orientadora do IES de Poio (Pontevedra) e está dirixida á comunidade educativa dos centros de ensino público.
Nela tratarase a figura do/a orientador/a escolar e cal é o seu papel no centro educativo, tendo en conta as características persoas destes/as profesionais e o momento educativo e social actual.
Os/as interesados/as podedes inscribirvos vía telefónica: 986298812 ou no correo electrónico: foanpas@foanpas.com 

Ningún comentario:

Publicar un comentario