luns, 28 de marzo de 2016

DIA MUNDIAL DA CONCIENCIACION SOBRE O AUTISMO

O día 2 de Abril, un día para a concienciación sobre o autismo

invitámosvos a asistir ós actos que se celebran en VIGO

Confirmados xa os actos que levará a cabo a asociación TEAVi con motivo do 2 de Abril "Día mundial da concienciación sobre o autismo"
Desde aquí sumámonos por segundo ano á iniciativa dos globos azuis, convidado a todo o mundo que se achegue á Rúa do Príncipe de Vigo (diante do Marco) onde estaremos a repartir globos e dando información da asociación ese sábado 2 de abril a partir das 17:00 da tarde.
O domingo, a tamén ás 17:00, proxectarase a película "Ao descuberto" no Scdr Helios de Bembrive, ao que unha vez máis agradecemos enormemente a súa colaboración.


Ningún comentario:

Publicar un comentario