xoves, 24 de marzo de 2016

Estratexias de inclusión educativa para o alumnado con TEA


Dende a asociación TEAVi traballamos en prol da inclusión de todas as personas con TEA. A educación forma parte do cerne no desenvolvemento das persoas, dos nenos e nenas que serán os adultos do futuro e que son os "nenos e nenas do presente". Por tanto é preciso traballar para que a educación inclusiva sexa unha realidade presente en tódolos centros de ensinaza, onde se eduquen aos nenos e nenas en igualdade de oportunidades, repectando as diferenzas de cada quen e fomentando a ilusión por aprender. Toda a comunidade educativa é responsable de facer efectivos os principios da educación baseada na tolerancia e no repecto polas diferenzas e por iso nós, como nais e pais, aportamos o noso traballo coa esperanza de que sexa de utillidade e agrado a todos os profesionais da educación


A Guía está actualizada incorporando as recomendacións do Protocolo de atención educativa para alumnado con trastorno de espectro autista publicado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Trátase dunha 1ª edición porque o que se pretende é recoller aportacións e actualizacións configurando un documento aberto. 




deixámosvos outros blogues de interese





Ningún comentario:

Publicar un comentario