ARTIGO ORIXINAL
Ángel Carracedo. Reflexións para a mellora do sistema educativo
Esta semana tivemos a enorme honra de escoitar a Ángel Carracedo
no marco do seminario sobre “Novas Metodoloxías en Ed. Infantil e
Primaria” do que formo parte. Trátase probablemente do científico galego
con maior proxección internacional, e a pesar diso é unha persoa
tremendamente cercana e humilde, cunha gran preocupación pola educación
nos distintos niveis. Proba diso é a súa grande implicación con
distintos centros de Galicia, nos que imparte charlas periódicas e nos
que incluso ten levado a cabo algún proxecto.Ángel vive moi cerca de onde tivemos a reunión, chegou en chándal e moi tranquilamente sentouse a charlar con nós. Ao longo da conversa falounos de varios problemas que observa no sistema educativo e de diversos aspectos a potenciar para a súa mellora.
Citou como grandes problemas a cultura do resultado, a uniformidade no tratamento do alumnado, o exceso de contidos curriculares e a prevalencia da memoria sobre outras habilidades que considera moito máis importantes. E para estes problemas, falounos sobre posibles solucións que irei expoñendo a medida que desenvolvo as ideas enunciadas.
Cultura do resultado vs. CULTURA DO ESFORZO
Baixo o seu punto de vista é moi importante valorar moito máis o esforzo que fan os nenos e nenas coa finalidade de fomentalo. O sistema educativo, tal como está concibido, premia só o resultado, sen ter en conta o esforzo que ese resultado supuxo. E o que é máis grave, sen ter en conta se o que se esixe é o que se debe esixir, é significativo, importante e está adaptado á realidade que vive o alumnado. Polo que debemos ser moi coidados@s coas propostas e as esixencias que se fan na escola. Un neno, unha nena, unha persoa pode esforzarse moito e non chegar ao resultado, non sempre se chega ao resultado, pero debemos poñer en valor todo o que se aprende e obtén ao longo do proceso, especialmente se se é perseverante no mesmo. Neste punto, Ángel Carracedo fálanos de potenciar a INTELIXENCIA DISOCIATIVA, que é a capacidade que nos permite experimentar con distintas vías de traballo para a búsqueda de solucións, cheguemos ou non ao resultado agardado.Uniformidade no tratamento do alumnado vs. DESENVOLVEMENTO DAS DISTINTAS POTENCIALIDADES
Salvo pequenas diferencias tendemos a tratar a todo o alumnado por igual. Ésto que a priori ten un bo son, non deixa de ser unha perversión, xa que non todos precisamos o mesmo para ter as mesmas oportunidades, e polo tanto non todos precisamos ser tratados por igual. Ángel ten claro, e así o fai co seu propio equipo, que cada persoa ten as súas potencialidades e que é preciso traballalas. Parello a este aspecto é o coidado máximo da autoestima e o respecto total aos distintos ritmos persoais.
Exceso de contidos curriculares vs. SELECCIÓN DOS CONTIDOS MÁIS AXEITADOS
Considera que o curriculo a nivel conceptual é moi abusivo, especialmente o de Secundaria, do que ten máis coñecemento, polo que propón unha selección, unha simplicación e adaptación para a compresión da realidade que nos rodea. Aqueles asociados a competencias reais. Ademais pon o aceno no traballo para o desenvolvemento de certas habilidades que capacitan ao alumnado para convertirse nas persoas que serán no futuro: disfrute da lectura, da poesía, interés pola búsqueda de respostas sobre todo o que lles rodea…Memoria vs. CURIOSIDADE E CREATIVIDADE
Baixo o seu punto de vista, existen certas dinámicas que condicionan a primacía da MEMORIA por encima de outras habilidades moito máis interesantes. As probas (exames, selectividade, oposicións…) condicionan moito o ensino, xa que potencian a memoria como a habilidade máis válida para o éxito educativo, que non persoal. Un bo profesional pode precisar memoria, pero sobre todo precisa moita capacidade de traballo, curiosidade, creatividade, empatía, motivación, vocación. E só deste xeito poderá alcanzar tamén a felicidade.CURIOSIDADE e CREATIVIDADE son de feito, dúas habilidades que Ángel Carracedo nos propón fomentar de xeito moi explícito. A curiosidade pola explicación dos fenómenos que nos rodean, a capacidade para formular preguntas e para buscar as súas respostas de xeito autónomo e creativo, evitando que a resposta veña dada de xeito externo, fomentando tamén de xeito paralelo o ESPÍRITU CRÍTICO.
E seguindo esta orde de propostas, indica algún aspecto máis a potenciar na escola:
- A comprensión do mundo que nos rodea, tanto a nivel físico, como cultural e social.
- A educación en valores, na que puxo como exemplo e guía a Declaración Universal dos Dereitos Humanos, facendo un estudo en profundidade de cada un deles.
- A SOCIABILIDADE.
- Habilidades competenciais.
- Saídas e visitas a distintos lugares, planificadas de tal xeito que nos permitan levar a cabo un estudo integral de distintos aspectos relacionados coa mesma.
Ningún comentario:
Publicar un comentario