sábado, 6 de febreiro de 2016

CORCURSO LOGO CASTELAO - ANIMÁDEVOS

lembramos a circular enviada polo colexio
--------

 Co gallo do 25 Aniversario do colexio queremos imprimir unhas camisetas para o alumnado co logotipo de Castelao e por este motivo convocamos o 
“CONCURSO LOGO CASTELAO” 
aberto a toda a Comunidade Educativa. 

PARTICIPANTES: poderán participar as familias, o alumnado e o profesorado 
PRESENTACIÓN DE DEBUXOS E PRAZO

Os debuxos presentaranse na Secretaría do colexio do 18 de xaneiro ao 15 de febreiro. (até ás 14h) 

 REQUISITOS: 

- Os debuxos poden estar elaborados con calquera técnica plástica en tamaño A3 ou A4. (Despois na impresa por aforrar custos a impresión se realizaría nunha soa cor) 
- No debuxo non pode haber ningún dato identificativo do autor/a. Na parte traseira da obra plástica figurará o nome do autor/a e a clase onde está matriculado o alumno/a. 

COMISIÓN DE SELECCIÓN: Nomearase unha comisión para escoller o debuxo que servirá de logotipo para a impresión das camisetas. 

TODOS OS DEBUXOS PRESENTADOS FORMARÁN PARTE DUNHA EXPOSICIÓN QUE SE DESENVOLVERÁ NAS INSTALACIÓNS DO COLEXIO E POSTERIORMENTE SERÁN DEVOTOS. 

Esperamos o voso debuxo CASTELAO. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario