sábado, 6 de febreiro de 2016
ENSINAR SIGNIFICA EMOCIONAR
Non filosofa cando di que só se pode aprender aquilo que se ama, dio a partir do estudo do cerebro. Non importa moito se temos ordenadores ou non nas aulas, gañariamos máis con grandes ventás, máis exercicio físico e, por encima de todo, con bos mestres que saiban como aprende o cerebro humano e teñan ese entusiasmo contaxioso acerca do que explican.
E tamén cunha sociedade que valore o coñecemento por encima do diñeiro, que os nenos queiran ser Cajal e non Messi; e con políticos honestos: a mellor forma de estimular é dando exemplo.
Doutor en Neurociencias, experto en Neuroeducación , Francisco Moura explica como dotar aos nenos de valores sólidos.
Parece difícil espertar o entusiasmo nas aulas.
Non me cansarei de insistir: só se pode aprender aquilo que se ama.
A chave é a emoción.
Si, a capacidade de interactuar co mundo a partir da curiosidade. O problema é que non temos mestres preparados. O mestre é a alma do que pode ser un pobo e hai que infundirle o que é unha realidade hoxe: que é un mago con varita máxica para transformar o cerebro dos menos.
Demasiada responsabilidade.
Un mestre transforma a física, a química, a anatomía, a fisioloxía do neno. Transforma o seu cerebro para ben e para mal. E se non o sabe, se non é responsable e non está formado para iso, non pode emocionalo.
A emoción transmítese.
Así é, e nada que non pase pola emoción sérvenos na nosa aprendizaxe. Hai que abrir aos nenos a porta da curiosidade. Hai que empezar a clase espertándoos. Deben mirarche cos ollos moi abertos. Aínda que teñas que levar unha jirafa á clase, pero trátase de que digan: Ohhh!
Un mestre así, lémbralo.
A curiosidade é a única chave que abre a atención, que é a porta do coñecemento. Non podes dicirlle a un neno: Presta atención! Caramba!.
É o que nos ensina a neurociencia?
Efectivamente, e tantas cousas que hai que ter en conta, como os ritmos circadianos (os momentos álxidos da atención do neno para optimizar a educación), ata como inflúe a arquitectura do colexio.
Cónteme.
Hoxe sabemos que unha aula con grandes ventás, ben ventilada, cunha adecuada temperatura e con luz natural produce mellores rendementos.
Igual é moito pedir.
Eses cerebros infantís están a crear máis de 100.000 millóns de contactos sinápticos por minuto. En boas condicións serán máis listos e máis sans.
E máis felices?
O cerebro non está deseñado para que sexamos felices, senón para sobrevivir, pero o que si é responsabilidade nosa é instrumentalizar e crear unha vida de tensión.
Demasiadas horas de colexio, deberes e extraescolares?
Estamos aos afogar. Os nenos ata os oito anos deberían estar a xogar, porque o xogo é o disfrace da aprendizaxe.
E o é tamén aos 20 e aos 50.
Sen ningunha dúbida, de adultos o que facemos cando podemos é fuxir da nosa conciencia, que nos atenaza e esclaviza, e facémolo xogando ou vendo xogar. Pero cando tes que cimentar o que será o mundo adulto, hai que potencialo.
Xogo e aire libre.
O exercicio físico é o responsable da creación de novas neuronas, e é fundamental practicalo de neno para ser un adulto san. Construímonos a lombos das nosas costas e os nosos músculos, pero agora fixémonos sedentarios, que é o antagónico ao que hai escrito no noso programa xenómico e o que crea as enfermidades no noso organismo.
Como axudarlles a aprender?
Ensinar significa emocionar, evocar a súa atención desde dentro, e é posible instrumentar como empezar unha clase: hai que ser provocador, hai que inxectar curiosidade en relación coa idade, a hora do día, o estado do organismo.
Non é baladí.
A Maxisterio non pode nin debe entrar todo o mundo, hai que afinar quen ten capacidade para ensinar. Todo empeza polo mestre.
Na adolescencia andan distraídos.
O cerebro dun púber non só non madurou nas áreas que teñen que ver coa creación de valores e normas, senón que se lle están morrendo células a varrer porque se está reaxustando ao que é a adultez. Hai cousas que un mestre debe saber, porque se as coñece, poderá ser flexible e saberá como sacar partido a eses cerebros.
Ilumínenos, doutor.
A adolescencia é a idade do altruísmo se o sabes canalizar, do heroísmo: todos os heroes foron adolescentes. Captar iso e canalizalo é alimentar eses cerebros.
Un exemplo, por favor?
Imos perder a vida porque os nenos de África teñan auga? Hai quen é capaz de facerlles vivir iso, a un adulto xa non. A adolescencia é unha idade moi moldeable.
Ordenemos as etapas do desenvolvemento cerebral.
Mentres se é neno hai que xogar, coñecer o mundo de primeira man, ver a folla na árbore, traballar o sensorial, o que che entra polos órganos dos sentidos. Se os metes nunha gardería entre catro paredes, estás a afogalos.
Pois cada vez afógaselles antes.
A partir dos nove anos empeza o pensamento abstracto, xogar con ideas entendendo que somos seres fundamentalmente emocionais: non hai nada do que eu pense, razoe ou decida que non teña unha base emocional. Non hai razón sen emoción.
Escrito por María José Castro Castro o 3 febreiro, 2016. Posteado en Sen categoría
Francisco Moura
ARTIGO ORIXINAL
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario