Despois
do fallido intento o pasado sábado 14 de novembro de 2015 de levar os
libros de texto inservibles, e xa recollidos, á biblioteca do Gaiás,
retomamos esta iniciativa para o vindeiro sábado 28 de novembro ás 12 h.
Contamos con vós para sumar e apoiar estando alí en Santiago.
A XUNTA DIRECTIVA DE FOANPAS
A NOSA ANPA SÚMASE Á SEGUINTE REIVINDICACIÓN, CO CAL PEDÍMOSVOS QUE TRAIADES ANTES DO VENRES OS LIBROS DE TEXTO QUE TEÑADES EN PRÉSTAMO DENDE A ANPA.
PODEDES ENTREGALOS NA ANPA
ÁS 9.00 E ÁS 13:50 OU O MARTES POLA TARDE.
Dende FOANPAS decidiuse facer unha
reivindicación SIMBÓLICA para solicitar da Consellería de Educación a volta ó
programa de gratuidade de libros de texto, un sistema que era o máis equitativo
e xusto, que beneficiaba a todo o alumnado sen ningún tipo de discriminación.
Ademais estamos nunha coxuntura na que segundo o goberno que estea no
poder, temos unha Lei de Educación distinta, o que fai que constantemente
teñamos que estar adaptándonos a cambios na formación dos nos@s fill@s, novos
ensinos, currículos… e por ende libros de texto.
Por iso vanse “DOAR” os libros de texto das ANPAS que nestes momentos temos
almacenados nos nosos centros educativos e que quedaron “obsoletos” pola LOMCE,
á Biblioteca de Gaiás de Santiago de Compostela; Biblioteca construída con
moito diñeiro público e con apenas uso, entre outras cousas pola falta de Fondo
de Biblioteca.
Con este acto queremos reivindicar:
-Unha volta ó
programa de gratuidade de libros de texto.
-Un consenso en Educación de todas as
forzas políticas.
-Unha mellor
racionalización do gasto público.
A entrega de libros efectuarase o sábado 14 de novembro en Santiago.
Ningún comentario:
Publicar un comentario