CIRCULAR RECIBIA NO DÍA DE HOXE DE FOANPAS
ENTRADAS CELTA
Vigo,
25 de novembro de 2015
Estimados/as amigos/as:
Por mor de diversas incidencias e xa
que nas “BASES REGULADORAS E CONVOCATORIA
DE SUBVENCIÓN PARA FOMENTAR OS VALORES SOCIAIS DO DEPORTE COMO ACTIVIDADE DE
OCIO ENTRE A POBOACIÓN ESCOLAR, COLECTIVO DE DISCAPACITADOS E PERSOAS
ECONÓMICAMENTE DESFAVORECIDAS, FALICITANDO O SEU ACCESO AO ESTADIO DE BALAÍDOS
PARA PRESENCIAR, DESDE A DENOMINADA GRADA DE FONDO DO ESTADIO, OS PARTIDOS QUE
DISPUTARÁ O REAL CLUB CELTA DE VIGO NA PRESENTE TEMPADA 2015/2016 DA DIVISIÓN
DE HONOR DE FÚTBOL, NAS COMPETICIÓNS DE LIGA E COPA” di literalmente na súa
base SEXTA.- REQUISITOS DOS BENEFICIARIOS
” que poderán ser beneficiarios desta axuda os escolares dos colexios
públicos de educación primaria e os acompañantes maiores de idade…”, é
polo que, a partir do vindeiro partido de liga Celta-Español do sábado, 12
de decembro de 2015, ás 18.15 horas (inclusive), non se repartirán estas
entradas ós colexios públicos de Educación Infantil, así como os centros escolares
de Educación Infantil e Primaria non poderán repartir entradas entre o seu
alumnado de Educación Infantil.
Un saúdo
A XUNTA DIRECTIVA DE FOANPAS
Ningún comentario:
Publicar un comentario