venres, 20 de novembro de 2015

Día Internacional contra a Violencia de Xénero. VIGO

A Concellería de Igualdade informa de que un ano máis,  en colaboración co Consello Municipal da Muller, organizamos unha nova edición de  
"EnlazaVigo contra a violencia de xénero". 
Este ano o lema elixido é "Somos quen de deter a violencia de xénero".

As actividades que se enmarcan na campaña deste ano son as seguintes:

.-Exposición colectiva de traballos
Un ano máis as mozas e os mozos de secundaria nos sorprenden gratamente coa súa creatividade e implicación nos actos de EnlazaVigo. Nesta edición de 2015, 43 centros de secundaria participaron na realización de lonas creativas contra a violencia de xénero. O conxunto destes traballos está exposto desde onte ata o día 26 de novembro na r/Príncipe, diante do MARCO en horario de mañá e tarde.
O conxunto das obras integran que integran esta exposición colectiva a podedes ver neste album de picasa pero se tedes a oportunidade non deixedes de visitala en persoa porque é moito máis impresionante.
https://picasaweb.google.com/1039…/EnlazaVigo2015Exposicion…

Ao carón da exposición temos unha pequena carpa informativa onde a cidadanía poderá recoller a pulseira de EnlazaVigo que pretende reflectir a nosa implicación persoal contra as violencias machistas.
A veciñanza poderá recoller a súa pulseira e marcapáxinas da campaña ata o día 26 de novembro.

.-Pleno específico do Consello Municipal da Muller
Luns, 23 de novembro ás 10h no salón de plenos do Concello de Vigo
Entrada aberta ata completar o aforo do salón de plenos.

.- Acto central de EnlazaVigo, na rúa.
Un ano máis, convocamos ao alumnado de secundaria da cidade a participar no acto central de EnlazaVigo o día 25 de novembro, coincidindo co Día Internacional contra a Violencia de Xénero.
Temos confirmada a presencia de 2000 estudantes de secundaria que desde as 10,30 ata as 11,45 estarán no entorno da farola de Urzaiz e R/ Príncipe para visitar e participar nas distintas actividades programadas:
.- visita da exposición colectiva de traballos do alumnado
.-visita da exposición itinerante "A violencia sexual na xuventude. Infórmate!"
.- photocall contra a violencia de xénero
.-actividades lúdicas como baile, actividades circenses...

As 11,45h comezarán as intervencións da representación do goberno municipal e do Consello Municipal da Muller para a continuación formar un tapiz humano cos 2000 alumnos e alumnas e a veciñanza alí reunida.


Podedes consultar toda a información neste enlace ao blog   http://enlazavigo2015.blogspot.com.es/2015/11/43-centros-participan-en-enlazavigo-2015.html?spref=fb

Informámosvos tamén dunha actividade que  organiza a área de Igualdade da Deputación  de Pontevedra de xeito simultaneo en 10 cidades de Pontevedra: Vigo, Pontevedra, Vilagarcía de Arousa, Cangas do Morrazo, Redondela, Lalín, Tui, Tomiño, Bueu e Caldas de Reis.O proxecto :“Mulleres en acción: Violencia Zero”  é un proxecto de acción artística contemporánea no espazo público para reivindicar a igualdade de xénero e poñer o foco de atención no estado actual da problemática da violencia machista no noso país, en particular, e por extensión, no mundo.En Vigo terá lugar o día 25 ás 19h diante do MARCO e consiste en: discurso coa video-conexión con outras sedes e #Acción de Carme Nogueira, “Not For Sale: Feminism and Art in the USA during the 1970s”

Ningún comentario:

Publicar un comentario