Transmitímosvos a seguinte carta que nos chega desde FOANPAS. Consideramos que é interesante para a reflexión:
Queridas familias:
Como ben sabedes por segundo ano consecutivo a Consellería
de Educación volve celebrar o 24 e 25 de maio as “Proba de Avaliación
Individualizada de terceiro curso de primaria” por todos coñecidas como
reválidas.
A postura mantida por FOANPAS e ANPAS GALEGAS,
confederación da que formamos parte, é NON levar @s nen@s ó centro educativo eses
días. Aínda que podemos entender o conflito
que moitos podedes ter a nivel de inculcar n@s nos@s nen@s non cumprir a Lei ou as normas, cremos que temos
que sopesar moito que é o mellor para eles/as, porque como pais/nais ese
criterio é o que debe primar e valorar esta medida como un acto máis de rexeitamento
ante unha Lei imposta sen Consenso: os pais e nais tamén temos algo que dicir
sobre a educación d@s nos@s fill@s.
A parte do mencionado, e ante a carta que a
Consellería tivo a amabilidade de escribir para as familias, expoñémosvos algúns
dos motivos de rexeitamento e tamén plantexámosvos preguntas para que reflexionedes e adoptedes a decisión que consideredes
máis correcta.
1. Din que
teñen carácter estritamente informativo e orientador. Se @s nos@s nen@s levan no
centro educativo dende os 3 anos ata 3º de primaria, dígase 6 anos no centro
educativo, non se nos informou e orientou ata ese momento polo profesorado? Non
tivemos notas nin reunións co profesorado requirido? Temos que agardar 6 ANOS
para estar informados/as e orientados/as?
2. Se non
vai ter efectos no seu expediente, cal é a súa utilidade real? Por qué insisten
tanto en que NON van facer rankings de centros, non será porque iso é o que
realmente buscan?
3. E que
pasa co alumnado NEAE? Teñen dereito á adaptación do exame, pero cando facer
dita adaptación se o exame se abre xusto antes de comezar a facelo? E para que
fan o exame se non lles computa a nota? Isto é inclusión educativa?
4. É
necesario someter @s nen@s a esa presión, cuns exames largos, seguidos con tan
Só 8-9 anos? Cómo pode influír ese nerviosismo nos resultados? Que pasa se nos
días previos @s nen@s tiveron acontecementos familiares que lles afecte ao seu
estado anímico, por exemplo falecemento dun avó, enfado co/a seu/súa mellor
amig@, separación dos seus pais…? Están centrados/as para sometelos/as a esas
probas?
5. Só avalían
dúas competencias. Qué pasa co resto? Non son necesarias? Non son importantes?
Son secundarias? Non queremos unha formación integral para @s nos@s? Non
queremos que adquiran TODAS as competencias para desenvolverse na súa
vida? Non foron xa avaliados polo seu
profesorado? Para que están entón? Quen sabe mellor como están @s nos@s fill@s:
unha proba puntual ou un seguimento diario por parte do profesorado o longo de todo o curso educativo?
6. Din que
queren detectar carencias cando os centros en moitísimos casos levan anos
reclamándolle e pedíndolle á Consellería medidas e NON lles fixeron CASO. AGORA
resulta que SI, que cunha proba puntual, que a saber como lle sae o/a rapaz/a,
é SUFICIENTE para tomar medidas… E TODOS
OS INFORMES FEITOS polo centro e profesorado NON SIRVEN? Por qué NON invirten
todo o diñeiro que se gastan nestas probas en MELLORAR o sistema educativo? POR
QUÉ esperar a ter que implementar programas de mellora? NON será mellor PREVIR
que LAMENTAR? Levan anos con recortes en Educación, por qué non reducen ratio
de nen@s/aula? Por que non se manda o profesorado especialista pedido?
7. A Consellería
nos pide colaboración AGORA, só cando lles interesa… Por que non se nos pediu
cando ELABORARON esta lei? Por que se queren que participemos SE SUPRIMEN ou
ANULAN as competencias do Consello Escolar, órgano onde os pais-nais
interviñamos para DECIDIR? Por que NON se nos escoita cando petamos na porta da
Consellería?
Esperamos que esta carta vos sirva para que tomedes a decisión que consideredes máis acertada, pero é o momento, é a oportunidade de dicir “NON QUEREMOS ESTE SISTEMA EDUCATIVO”. Abramos as portas a un CONSENSO. Todos/as debemos buscar o mellor para formar aos/ás FUTUROS/AS CIDADÁNS/ÁS. Calquera dúbida poñédevos en contacto connosco e lembramos que FOANPAS ten actividades alternativas para eses días.
Grazas pola vosa atención.
En previsión de choiva para mañana martes 24 de maio, cambiase de ubicación as actividades para os nenos/as de 3º de Primaria que non asistan á reválida… Serán en FOANPAS nas instalación do IME.
En previsión de choiva para mañana martes 24 de maio, cambiase de ubicación as actividades para os nenos/as de 3º de Primaria que non asistan á reválida… Serán en FOANPAS nas instalación do IME.
Ningún comentario:
Publicar un comentario