xoves, 30 de xuño de 2016

FEIRA DO LIBRO DO 1 Ó 10 XULLO NA PORTA DO SOL

A Feira do Libro arrancará este venres, 1 de xullo, na Porta do Sol, o emprazamento elixido polo Concello para a 42ª edición deste evento. Durante os dez días de duración, catorce postos representarán ás principais librerías de Vigo, xunto a stands da Deputación e das bibliotecas Juan Compañel e a municipal Neira Vilas. A venda de libros ofrecerá un 10% de desconto sobre o prezo habitual. 


O lema deste ano, "A patria na palabra", homenaxea a figura de Manuel María, mais non será o único escritor recordado na Feira de 2016. Na clausura, a actuación do humorista Cándido Pazó, co seu espectáculo "Trangallada", recorda ao falecido Xosé Neira Vilas


A organización conta con máis de 75 nomes do mundo do libro na Feira e con máis de 40 coloquios, presentacións e sinaturas de libros. Escritores como Ledicia Costas, Pedro Feijoo, Alba Lago ou Fran Alonso estarán presentes, se darán a coñecer novidades, haberá lecturas dramatizadas e a poesía tamén terá o seu espazo. A Feira do Libro de Vigo preparatamén actividades específicas para fomentar o hábito da lectura entre os máis pequenos, como obradoiros ou maxia. 


Grazas á colaboración da Federación de Persoas Xordas de Galicia, o acto de inauguración será traducido á lingua de signos. A Federación tamén tomará parte nun contacontos en linguaxe de signos con traducción oral e nun obradoiro básico sobre esta linguaxe. Na mesma liña de integración e fomento da lectura, a ONCE realizará un taller de Braille.
---------


Paco Nogueiras, intérprete da música e das cancións do libro-disco “Brinca Vai!”, asinará exemplares este sábado a partir das 19:00 horas.


Ademais, o vindeiro mércores 6 de xullo, ás 20:00 horas, os artistas plásticos vigueses Federico Fernández e Germán González Pintos, autores de “Balea”, un libro visual despregable que asinaron como Fernández & González. Ataviados cos traxes amarelos que caracterizan os habitantes do peculiar vehículo submarino que crearon, con forma de cetáceo. Federico Fernández e Germán González tamén dedicarán exemplares da súa obra e interactuarán co público que se achegue a velos, explicándolles o funcionamento deste enxeño mecánico

Ningún comentario:

Publicar un comentario