Có motivo do día
Mundial do Medio Ambiente, desenvolveránse no fin de semana do 4 e 5
xuño, terá lugar “A Pedaliña 2016”.
O sábado 4 dende as
17:00 ás 21:00 horas realizaranse no Parque do Castro actividades de
educación vial, sesiones didácticas con suxerencias para deixar os
ruedins, clases para adultos, bicicletas BMX freestyl e bikeTrial,
desfrutar dun Mini Bike Park e cirucuitos de habilidades, obradoiros
nos que se impartirán nocións básicas da mecánica da bicicleta,
bicis eléctricas, tándem da ONCE, ademais dun circuito de BTT por
todo o parque que se desenvolverán monitores cualificados. Tamén
haberá hinchables, xogos de mesa e obradoiros de manualidades.
O domingo 5 a
partires das 11.00 da maná celebrarase unha marcha popular en
bicicleta polas rúas de Vigo, que sairá da Porta do Sol e fará un
percorrido circular que rematará no mesmo lugar cunha duración
estimada de dúas horas.
Esta iniciativa conta
con apoio do Concello de Vigo en colaboración coa Asociación “A
golpe de pedal” que ven desenvolvendo numerosas actividades
relacionadas coa temática exposta, na procura de promocionar e
sensibilizar sobre o uso e desfrute da bicicleta.

Ningún comentario:
Publicar un comentario