no DOGA de hoxe, 15 de xuño de 2016, sae publicada a
ORDE do 7 de xuño de 2016 pola que se aproba o CALENDARIO ESCOLAR PARA O CURSO 2016/17
nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma
de Galicia.
RESUMO
* ACTIVIDADES LECTIVAS:
1. No
2º ciclo de educación infantil, na educación primaria e na educación especial,
a impartición efectiva de clases realizarase do día 12 de setembro de 2016 ao
23 de xuño de 2017, ambos incluídos.
2. Na educación secundaria obrigatoria,
no bacharelato e na formación
profesional, a impartición
efectiva de clases realizarase do día 15 de setembro de 2016 ao 23 de xuño de 2017, ambos
incluídos.
3. Nas ensinanzas de réxime especial, as actividades lectivas realizaranse
entre os días 15 de setembro de 2016 e 30 de xuño de 2017, de acordo cos
calendarios de probas de acceso e probas de certificación establecidos para
cada unha delas.
*
COMEDORES ESCOLARES DOS CENTROS PÚBLICOS:
- en Educación
Primaria, funcionarán dende o día 12 de setembro de 2016 ata o 23 de xuño de
2017.
- en
Educación Secundaria Obrigatoria,funcionarán
dende o día 15 de setembro de 2016 ata o 23 de xuño de 2017.
*
PERÍODOS DE VACACIÓNS:
1. Nadal:
desde o día 22 de decembro de 2016 ata o día 6 de xaneiro de 2017, ambos
inclusive.
2.
Entroido: días 27 e 28 de febreiro e 1 de
marzo de 2017.
3.
Semana
Santa: desde o día 10 ata o 17 de abril de 2017, ambos incluídos.
Durante o curso escolar celebraranse, como mínimo, as
seguintes conmemoracións:
– 20 de novembro de 2016: Día Universal da Infancia.
– 25 de novembro de 2016: Día Internacional contra a Violencia
de Xénero.
– Do 1 ao 11 de decembro de 2016: conmemoración da Constitución
e do Estatuto de autonomía de Galicia.
– 10 de decembro de 2016: Día da Declaración Universal dos
Dereitos Humanos.
– 30 de xaneiro de
2017: Día Escolar da non Violencia e da Paz.
– 8 de marzo de 2017:
Día Internacional da Muller.
– 15 de marzo de
2017: Día Mundial dos Dereitos do Consumidor.
– Do 6 ao 10 de marzo
de 2017: Semana da Prensa. Un día desta semana traballarase na aula con
xornais.
– 7 de abril de 2017:
Día Mundial da Saúde.
– Entre o 17 e o 21 de abril de 2017: Semana do Libro.
– 9 de maio de 2017: Día de Europa.
– Do 9 ao 17 de maio de 2017: Semana das Letras Galegas.
– 5 de xuño de 2017:
Día Mundial do Medio Ambiente.
2. De conformidade co establecido no artigo 26.2 da Lei 2/2014,
do 14 de abril, pola igualdade
de trato e a non discriminación de lesbianas, gays, transexuais, bisexuais e
intersexuais en Galicia, para favorecer a visibilidade e integrar de forma
transversal a diversidade afectivo-sexual, os centros
docentes sostidos con fondos públicos realizarán actividades específicas
próximas ás datas de celebracións internacionais relacionadas co recoñecemento
efectivo do dereito destas persoas.
3. Cando algunha das
datas a que se refiren os puntos anteriores sexa sábado, domingo, festividade local ou estea incluída nalgún dos períodos de
vacacións establecidos no artigo 6 desta orde, a correspondente conmemoración
celebrarase o día lectivo inmediatamente anterior ou posterior, segundo
estableza a programación xeral anual de cada centro.
4. As datas a que se
refiren os puntos 1 e 2 son lectivas para todos os efectos e nelas os centros
deberán organizar actividades diversas, tendentes a salientar a importancia das
conmemoracións mencionadas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario