luns, 25 de abril de 2016
LOMCE - BORRADOR ORDE
BORRADOR ORDE LOMCE ABRIL 2016
ACCESO PORTAL XUNTA
RESOLUCIÓN do ___ de abril de 2016, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento da avaliación individualizada de terceiro curso de educación primaria e da avaliación final de educación primaria nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia no curso escolar 2015/16.
Primeiro. Obxecto e ámbito de aplicación
A presente Resolución ten por obxecto ditar as instrucións para o desenvolvemento da avaliación individualizada de terceiro curso de educación primaria e da avaliación final de educación primaria nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso escolar 2015/16.
Estas avaliacións individualizadas terán carácter censual e aplicaranse a todo o alumnado que no curso 2015/2016 estea realizando terceiro curso de educación primaria ou sexto curso de educación primaria en centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.
Segundo. Finalidade das avaliacións individualizadas
2. As avaliacións individualizadas de terceiro curso de educación primaria e de final de educación primaria teñen carácter informativo e orientador para os alumnos e alumnas e familias, equipos docentes, centros e Administración educativa. Complementan a información que reciben e orientan a toma de decisións na elaboración de plans de mellora. En consecuencia, deben servir para:
...
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario