Esta nova apareceu na páxina da xunta
O conselleiro de Cultura e Educación lembrou que o seu departamento vai iniciar este mesmo ano os trámites para a ampliación do CEIP Alfonso D. Rodríguez Castelao, na parroquia viguesa de Navia.A este respecto instou ao Consello a remitir a documentación necesaria para asinar canto antes o acordo de posta a disposición dos terreos, unha información pola que a Consellería leva agardando 2 meses.
A actuación neste CEIP permitirá ampliar a súa capacidade de unha liña por curso escolar a 3, co fin de dar resposta ao incremento do alumnado do centro en máis dun 25% nestes 5 últimos anos e a previsión de crecemento futuro. Polo tanto, crearanse 450 novas prazas escolares, cun orzamento de case 3,7 millóns de euros.
A obra suporá a demolición da cuberta para posibilitar a ampliación do edificio existente en 1.434,90 m² para 11 aulas – 9 deles polivalentes, 1 de música e outra de informática- de educación primaria e 7 de apoio. Por outra banda construirase un novo módulo independente de educación infantil, con 9 aulas con aseos incorporados, sala polivalente, 3 aulas de desdobre, espazos comúns e instalacións.
En canto se asine o acordo de posta a disposición dos terreos por parte do Concello a Consellería licitará a redacción do proxecto, un trámite que xa podería terse realizado se xa se contase coa documentación solicitada ao Concello hai 2 meses.
O obxectivo é que o proxecto estea listo para o inicio do novo curso e as obras poidan licitarse antes de fin de ano.
acceso nova
Ningún comentario:
Publicar un comentario