venres, 22 de abril de 2016

INFORMACIÓN AS REVÁLIDAS DA LOMCE


FOANPAS ofrece unha charla coloquio dirixida á comunidade educativa dos centros de ensino público de Educación Infantil, Educación Primaria e Secundaria de Vigo.

“AS REVÁLIDAS TOCANDO A PORTA”

Estará impartida por membros dos sindicatos de ensino: CIG, CCOO, UGT e STEG.
Nela tratarase todo o relativo ás avaliacións impostas na LOMCE, e que terán lugar no vindeiro mes de maio en 3º e 6º de primaria e se implantarán na secundaria no vindeiro curso: cando se realizan? En que consisten? Que fin ten cada unha? Como repercute no alumnado?
A charla terá lugar o VENRES 29 de ABRIL ás 18:00 horas. Será no Salón de Actos do Instituto Municipal de Educación (IME), sito en Camiño do Chouzo nº 2.
A inscrición pode facerse no 986 29 88 12 ou enviando un correo electrónico a foanpas@foanpas.com (con nome e apelidos, teléfono, e-mail e centro educativo ao que pertence).


FOANPAS convoca unha CONCENTRACIÓN contra as avaliacións da LOMCE, coñecidas como reválidas. Estas terán lugar no vindeiro mes de maio en 3º e 6º de primaria e, en secundaria, implantaranse no vindeiro curso.
Estamos en contra destas probas por ser innecesarias e non ter un valor pedagóxico probado, como deixou constancia a Consellería de educación.
As reválidas poñen en dúbida o traballo de todo o curso dos mestres e das mestras, xa que son probas externas, que non teñen en conta o día a día do alumnado, a súa evolución durante o curso e supoñen un trastorno no funcionamento dos centros e, sobre todo, para os nenos e as nenas, que se ven sometidos a unha presión innecesaria.
Para visibilizar isto e o borreguismo que promove a LOMCE, durante a concentración levaremos caretas e roupas que similen ovellas brancas e negras (o rebaño) e animámosvos a acompañarnos nesta caracterización levando tamén vós caretas e roupas de “ovella”.
VENRES 6 DE MAIO
ÁS 19:30 horas
NA FAROLA DE URZÁIZ


Ningún comentario:

Publicar un comentario