FOANPAS ofrece un OBRADOIRO dirixido á comunidade educativa dos centros de ensino público de educación infantil, primaria e secundaria.“DIVERSIDADE, XÉNERO E IGUALDADE”
Estará impartido por Alberto Vilaboa, Licenciado en Antropoloxía Social e Cultural, responsable de Aprendo Aula Aberta e membro da Asociación 4 Patacos.
Este obradoiro está pensado para dar resposta ás necesidades actuais das familias e a mocidade agrupando nunha mesma liña argumental a diversidade étnica, a diversidade de xénero, a diversidade de orientación sexual e a diversidade de identidade. Os piares desta actividade son a tolerancia, o respecto, a inclusión e a cooperación.
O obradoiro terá lugar os xoves 22 e 29 de outubro e o 5 de novembro en horario de 17:00 a 20:00 horas no Instituto Municipal de Educación (IME), sito en Camiño do Chouzo nº 2.
A inscrición pode facerse no 986 29 88 12 ou enviando un correo electrónico a foanpas@foanpas.com . Ata o 21 de outubro.
Pregamos difundades esta información entre as familias do voso centro para que poidan asistir.
Agardamos sexa do voso interese.

Ningún comentario:
Publicar un comentario