Ante
a realidade que estamos a vivir, non podemos quedar cruzados de brazos e
temos que informarnos. Dende as 9:30 horas da mañá escoitaremos as
experiencias e o traballo que están a realizar diferentes asociacións e
entidades (Amnistía Internacional, Madres Latinas, Aida África,
Asociación Diversidades) e dende os centros educativos da cidade (EEI
Santa Cristina, CEIP Ramón y Cajal - Picacho-, IES de Teis) en canto a
interculturalidade e a convivencia. Remataremos realizando un obradoiro
conxunto no que se fará un mural intercultural.
Contaremos
con servizo de ludoteca para nenos e nenas de 3 a 12 anos (PREVIA
INSCRICIÓN e se hai un mínimo de nenos/as). Ademais, pódese reservar a
comida (10€ adultos/as e 5€ nenos/as - ata o 4 de novembro) á hora de
facer a inscrición no 986268812 ou en foanpas@foanpas.com (ata o 5 de novembro).

Ningún comentario:
Publicar un comentario