domingo, 8 de novembro de 2015

REIVINDICACIÓN LIBROS DE TEXTO



Despois do fallido intento o pasado sábado 14 de novembro de 2015 de levar os libros de texto inservibles, e xa recollidos, á biblioteca do Gaiás, retomamos esta iniciativa para o vindeiro sábado 28 de novembro ás 12 h.
Contamos con vós para sumar e apoiar estando alí en Santiago.

A XUNTA DIRECTIVA DE FOANPAS




A NOSA ANPA SÚMASE Á SEGUINTE REIVINDICACIÓN, CO CAL PEDÍMOSVOS QUE TRAIADES ANTES DO VENRES OS LIBROS DE TEXTO QUE TEÑADES EN PRÉSTAMO DENDE A ANPA.

PODEDES ENTREGALOS NA ANPA ÁS 9.00 E ÁS 13:50 OU O MARTES POLA TARDE.


Dende FOANPAS  decidiuse facer unha reivindicación SIMBÓLICA para solicitar da Consellería de Educación a volta ó programa de gratuidade de libros de texto, un sistema que era o máis equitativo e xusto, que beneficiaba a todo o alumnado sen ningún tipo de discriminación.
Ademais estamos nunha coxuntura na que segundo o goberno que estea no poder, temos unha Lei de Educación distinta, o que fai que constantemente teñamos que estar adaptándonos a cambios na formación dos nos@s fill@s, novos ensinos, currículos… e por ende libros de texto.
Por iso vanse “DOAR” os libros de texto das ANPAS que nestes momentos temos almacenados nos nosos centros educativos e que quedaron “obsoletos” pola LOMCE, á Biblioteca de Gaiás de Santiago de Compostela; Biblioteca construída con moito diñeiro público e con apenas uso, entre outras cousas pola falta de Fondo de Biblioteca.
Con este acto queremos reivindicar:

                -Unha volta ó programa de gratuidade de libros de texto.
                -Un consenso en Educación de todas as forzas políticas.
               -Unha mellor racionalización do gasto público.

A entrega de libros efectuarase o sábado 14 de novembro en Santiago.

xoves, 5 de novembro de 2015

PRESENTACION IMAGINE ELEPHANTS





Se crees que o xogo é importante na vida d@s nos@
nen@s, non podes faltar este martes á presentación de 
IMAGINE ELEPHANTS no noso colexio.


Compartimos a entrada no Facebook (https://www.facebook.com/imaginaelefantes/?fref=nf) que fai IMAGINE ELEPHANTS sobre a  ANPA O Muiño e a proxección do martes 10 de novembro.


mércores, 4 de novembro de 2015

CURSO LINGUA DE SIGNOS



Sabemos que a Lingua de Signos é o idioma das persoas xordas , pero os recursos e ferramentas que se empregan no seu uso , serven para comunicarse en outros ámbitos. Neste curso tamén damos asesoramento para aplicar a Lingua de Signos nas NEAE e dentro do aula.

E por iso polo que facemos chegar a información dun novo CURSO DE LINGUA DE SIGNOS onde achegaremos a lingua de signos tamén, ó eido educativo .

Lugar _ Centro Cívico de Teis
Sábados de 10:00 a 12:45
A partir do 14 de Novembro de 2015
Precio  32 € /mes
mais información  656 830 810 ou en az.lenguadesignos@gmail.com



LIBROS PARA SOÑAR 6 NOVEMBRO

LIBROS PARA SOÑAR PRESENTARÁ ESTE VENRES DIA 6 DE NOVEMBRO O ÁLBUM GAÑADOR DO VIII PREMIO COMPOSTELA

O cordobés Miguel Cerro explicaralles aos lectores o proceso de creación do álbum “Despois da chuvia”

O ilustrador cordobés Miguel Cerro será o invitado especial da libraría LIBROS PARA SOÑAR na sesión de contacontos deste venres, a partir das 18:30 horas. Miguel Cerro foi o gañador do VIII Premio Internacional 
Compostela de Álbum Ilustrado -que se entregará 

martes, 3 de novembro de 2015

PRESENTACIÓN IMAGINE ELEPHANTS



Se crees que o xogo é importante na vida d@s nos@s nen@s, non podes faltar este martes á presentación de IMAGINE ELEPHANTS no noso colexio.


No noso colexio realizarase a presentación, proxección e debate de IMAGINE ELEPHANTS.

Trátase dunha investigación na que participan máis de trinta profesionais dos ámbitos da pedagoxía, a educación, a psicoloxía, etología e neurología, partindo de diferentes cuestións:
o xogo na actualidade, os tempos, os espazos e os materiais, o papel dos adultos e da escola nos xogos.
Imagineelephants