xoves, 17 de setembro de 2015

INICIO CURSO 2015-2016

Prezadas familias,
Comezamos un novo curso no cal como directiva da ANPA “O Muiño” do CEIP Alfonso Rodríguez Castelao intentaremos poñer en marcha os obxectivos marcados e recoller ideas novas para funcionar entre todos o mellor posible.
En primeiro lugar, xunto con esta carta achegamos unha folla na cal solicitamos información, é moi importante cumprimentar esta folla, tanto os antigos socios coma os novos,  para que podamos dispoñer dunha base de datos completa e actualizada e axilicemos desta maneira moitas das xestións a facer. Queremos subliñar a importancia de dispoñer dun e-mail de contacto para poder enviarvos as notificacións, novas e información de interese. 
Ademais xa está en funcionamento o blog da ANPA O Muiño (anpaomuinho.blogspot.com), ao cal é importante que accedades e os fagades seguidores, xa que teredes moita mais información sobre novas das actividades da ANPA e información sobre cursos, charlas, talleres que poden resultar do voso interese.
Outro dos obxectivos para este curso era o establecer un horario da ANPA no cal estivese dispoñible alguén da directiva para resolver dúbidas, recoller suxestións, etc. Este horario será os MARTES DE 16:30 A 18:00. 
Directiva da ANPA “O Muiño”:
Presidenta: Pili Fernández 
Tesoureira: María Abreu 
Secretaría: Vanesa Rodríguez 
Vicesecretaria: Carmina Rodríguez 
Vogais: Ana Victoria Fernández
Fernando Rodríguez
Conchy Rodríguez
Emma González
CONTACTOS
Pois de momento nada mais, a seguir colaborando entre todos e todas, darlle a benvida ás novas familias que se incorporan este ano ao colexio e esperámosvos na Reunión ordinaria da ANPA do 24 de setembro.

A Directiva da ANPA “O Muiño”.

Ningún comentario:

Publicar un comentario