martes, 13 de setembro de 2016

COMUNICADO DA ROLDA DE PRENSA E NOTICIAS







  ROLDA DE PRENSA 12/09/2016

Estamos hoxe aquí principalmente porque, na zona escolar á que este centro pertence, existe un problema grave: non hai prazas públicas suficientes na ESO para todos os alumnos que a demandan. A esta situación non chegamos sen máis, nin chegamos de súpeto. Esta situación prodúcese porque padecemos anos e anos de mala xestión educativa.
Ante todo, a pasividade fronte unha zonificación e adscrición obsoletas, que non se adaptaron aos cambios que sufriu a cidade na última década. Isto provoca ineficacia na asignación, nas distintas etapas e en moitos dos barrios de Vigo.
No que a esta zona en particular se refire, a secuencia de decisións arbitrarias e, ao noso entender, carentes de toda lóxica, que se viñeron tomando. Nunha zona en clara expansión demográfica, provocada polo crecemento de Navia, decídese, fai xa catro anos, pechar a ESO nun dos centros nos que se impartían, aínda a sabendas de que os catro centros de secundaria restantes xa tiñan as súas aulas repletas. Era evidente, para calquera que saiba contar, que estes catro centros non serían capaces de absorber a demanda. E así foi. Tivemos que padecer a masificación de dous deses centros, durante estes últimos cursos e plantar cara á administración, desde o pasado mes de febreiro, para que  finalmente, despois de todo este tempo, recoñeza que é verdade, que os alumnos non entran nestes catro centros tal e como está configurada a repartición.
E agora, unha vez recoñecido o problema, que solución propoñen?: trasladar a escolares de 11 e 12 anos a cursar os seus estudos a máis de 10 quilómetros das súas casas. Os nenos e nenas de Navia, ao instituto de Valadares. Os alumnos de Balaídos… a Beade? Non o sabemos, isto xa o anunciaron e desmentiron en varias ocasións.
Non aceptaremos este tipo de parches. Debuxamos este mapa para analizar a situación actual e, ao facelo, descubrimos dúas cuestións que son o fondo e o contido da nosa protesta:
A primeira: existen casos nos que escolares que terían praza nun Centro próximo, son derivados tres veces máis lonxe. Por que? Parece que só cuestións derivadas do transporte escolar poden explicar isto pero, respecto diso, a única resposta desde a Administración Educativa, é que o transporte é intocable.
A segunda: nesta zona escolar, na que as prazas da ESO non son suficientes, dous dos catro centros de secundaria non abren as liñas desta etapa que poderían atender. E isto fano para poder abrir máis liñas de bacharelato que serán demandadas por alumnos que proveñen do ensino concertado. Así o xustificou o Xefe Territorial:
“Os pobres que optan por centros concertados, con todo o seu dereito, logo non terán diñeiro suficiente para pagar o bacharelato nos mesmos centros. Por iso hai que reservarlles unha praza de bacharelato o máis preto posible”
Nós estamos totalmente de acordo con isto. Todos os alumnos deberían ter unha praza de bacharelato o máis preto posible. Pero non apoiamos que, para garantir que todos os alumnos que proveñen do ensino concertado ou privado teñan praza en Bacharelato o máis preto posible, os alumnos do ensino público teñan que desprazarse a máis de 10 quilómetros das súas casas xa no Ensino Obrigatorio, cando son catro anos máis pequenos. É dicir, non aceptamos que se reserven os Centros públicos máis próximos á cidade para os alumnos que proveñen do ensino concertado e se deriven aos alumnos que optan polo ensino público aos centros máis afastados. O curioso é que, aínda por riba, esta elección é moito mais costosa para a Administración, para todos nós, posto que o transporte escolar na etapa secundaria obligatoria hai que sufragalo.

Queremos un estudo sobre a adscrición, sen privilexios, onde se teña en conta unicamente o criterio de proximidade e onde se repartan as prazas escolares públicas en función da demanda destas prazas, en cada unha das etapas. E pedímolo durante todos estes meses. Hoxe engadimos nesta rolda de prensa unha nova petición: a dimisión do Xefe Territorial, o seu cesamento.
Para nós non é xa un interlocutor válido. Coa súa actitude ignorounos, faltounos ao respeto e mentiunos. Mentiunos cando nos dixo que él podía decidir sobre esta cuestión como e cando quixese. Non é así. Non debería anunciar unha adscrición que, por normativa, debe pasar polo Consello Escolar Municipal e a Xunta de Directores, tras o informe da inspección educativa. E mente á cidadanía de novo cando envía unha nota á prensa, publicada onte, na que se afirma que os directores dos centros están totalmente de acordo coa súa decisión e que a protesta de FOANPAS é partidista e electoralista. Isto é unha farsa absurda, que dá mostras da súa forma de proceder. Reuniu aos directores dos IES Alexandre Bóveda, Santa Irene e Santo Tomé e do CEIP Balaídos e eles déronlle o seu apoio para adscribir ao CEIP de Navia ao IES de Valladares? Non sería máis lóxico entón que nesa reunión estivesen presentes os directores destes dous centros? E en canto á nosa oposición… levamos desde febreiro chamando a todas as portas na Administración. Dirixímonos á Inspección, ao Xefe Territorial, ao Director de Centros e de Educación, ao Conselleiro, ao Consello Escolar Municipal, ao Pleno, a absolutamente todos os grupos políticos municipais, ao Delegado da Xunta en Vigo. Temos escritos presentados en rexistro que atestiguan ese longo camiño.
A canle administrativa está esgotada e, de novo, comeza un curso cos mesmos problemas, comeza un curso que constituía a data límite para iniciar o camiño da mobilización, porque semella que é o único que nos deixan. Hoxe se celebra a primeira das movilizacións. Non será a derradeira.

 

luns, 12 de setembro de 2016

IMPORTANTE



POR UNHA ZONIFICACIÓN DIGNA XA!!!!

Estimadas familias:

O problema da zonificación está a pasar por uns momentos complicados e a administración educativa non está a aplicar un criterio único para esta cuestión senón que está parcheando a situación, neste intre temos o exemplo dos colexios adscritos o IES Alexandre Bóveda.
O IES Alexandre Bóveda está preparado e dotado para atender a cinco liñas educativas. Este é o número de liñas que albergaba ata o curso pasado e o número de liñas que, dado o espazo físico e material determinado polas súas instalacións, pode atender de xeito adecuado.
A Xefatura Territorial dita Resolución o 5 de febreiro de 2015 pola que ordena un cambio no reparto da adscrición. Antes de producirse esta modificación, o IES Alexandre Bóveda tiña 3 centros adscritos (CEIP Seis do Nadal, CEIP Balaídos e CEIP Pintor Laxeiro) que enchían, xunto cos/coas repetidores/as que puidese haber, un total de 5 grupos que nutrían as 5 liñas do centro. Como consecuencia do cambio na adscrición, na actualidade o IES ten 5 centros adscritos (CEIP Seis do Nadal, CEIP Balaídos, CEIP Alfonso R. Castelao, CEIP Illas Cíes e CEIP Virxe do Rocío), que no anterior curso deu orixe, xunto cos/coas repetidores/as, a 6 grupos de 1º de ESO.
Por o anteriormente dito queremos unha zonificación digna para os nosos fillos, baseada no criterio de proximidade, que non teñan que pasar un proceso de baremación e ter a garantía de estar escolarizados nun IES dentro do entorno de residencia, polo cal os animamos a participar o vindeiro día 12 de setembro ás 19:00 na manifestación por unha nova zonificación en Vigo, baseada no criterio de cercanía, que sairá dende o CEIP Balaídos e o día 15 de setembro ás 19:00 na cadea humana e muralla de libros que terá lugar no IES Santa Irene.

Un cordial saúdo,

FOANPAS.

Onte despois de coñecerse que empezan as mobilizacións desde as ANPAS, sairon en prensa as seguintes noticias. 
Mobilizacións que comezan despois de múltiples reunións coa consellería sen recibir respostas claras.....pois onte atopámonos con isto nos periódicos o cal falta a verdade:


NOTICIA VOZ DE GALICIA




AFÉCTANOS A TOD@S É IMPORTANTE A NOSA PRESENZA

sábado, 10 de setembro de 2016

RECOLLIDA EN PRENSA DAS MOBILIZACIÓNS A LEVAR A CABO



 
 ligazón: FARO DE VIGO
 


ligazón: VOZ DE GALICIA




MOBILIZACIÓNS A FAVOR NOVO ESTUDO ZONIFICACION

Durante o verán continuaron as reunións coa Consellería de Educación solicitando unha nova zonificación onde prime o criterio de proximidade na adscrición dos colexios ao instituto, e que non se obrigue ao alumnado a acudir a centros de ESO a máis de 10 quilómetros de casa cando hai institutos próximos. Isto é o que está a suceder co noso colexio.

Despois de múltiples reunións e explicacións a administración e demais partidos políticos decidiuse entre as diferentes ANPAS comezar o curso con mobilizacións. 

MOBILIZACIÓNS A LEVAR A CABO EN CONXUNTO. É IMPORTANTE NOSA PRESENZA E MOBILIZACIÓN. 

AS RESPOSTAS DESDE CONSELLERÍA VAN ENCAMIÑADAS Á ADSCRICIÓN DO NOSO COLEXIO AO INSTITUTO DE VALLADARES E NON A UN CENTRO PRÓXIMO.

Comunicámosvos as accións que se levarán a cabo para a próxima semana:



NON FALTEDES. A Presencia de moitos  será a única maneira de facernos Oir.








venres, 9 de setembro de 2016

BECAS NEAE MINISTERIO EDUCACIÓN - Ata o 29 setembro

NORMATIVA

Núm. 189
BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO Sábado 6 de agosto de 2016
V. Anuncios
B. Otros anuncios oficiales MINISTERIO DE EDUCACIÓN, CULTURA Y DEPORTE

Extracto de la Resolución de la Secretaría de Estado de Educación, Formación Profesional y Universidades, por la que se convocan ayudas para alumnado con necesidad específica de apoyo educativo para el curso académico 2016-2017


De conformidad con lo previsto en los artículos 17.3.b y 20.8.a de la Ley 38/ 2003, de 17 de noviembre, General de Subvenciones, se publica el extracto de la convocatoria cuyo texto completo puede consultarse en la Base de Datos Nacional de Subvenciones (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans).

Primero. Convocatoria.
Se convocan las siguientes ayudas:

a) Ayudas directas para el alumnado que requiera por un periodo de su escolarización o a lo largo de toda ella, determinados apoyos y atenciones educativas específicas derivadas de discapacidad o trastornos graves de conducta.

b) Subsidios por necesidades educativas especiales derivadas de discapacidad o trastorno grave de conducta para familias numerosas.

c) Ayudas para programas específicos complementarios a la educación reglada para alumnado con necesidad específica de apoyo educativo asociado a altas capacidades intelectuales.

Segundo. Beneficiarios.

Podrán solicitar las ayudas los alumnos que no superen una determinada renta y/o patrimonio familiar y que presenten necesidad específica de apoyo educativo derivada de discapacidad o trastornos graves de conducta y que se encuentren cursando en centro específico, en unidad de educación especial de centro ordinario o en centro ordinario que escolarice alumnos que presentan necesidades educativas especiales, alguno de los niveles educativos no universitarios.

Para obtener el subsidio se requerirá ser miembro de familia numerosa.

El alumnado con necesidad específica de apoyo educativo asociado a altas capacidades intelectuales

Tercero. Solicitudes.

Las solicitudes tanto de ayuda como de subsidio deberán cumplimentarse mediante el formulario accesible por internet en la dirección www.mecd.gob.es o a través de la sede electrónica del Ministerio de Educación, Cultura y Deporte en la dirección https://sede.educacion.gob.es en el apartado correspondiente a "Trámites y Servicios".
El plazo de presentación de solicitudes se extenderá hasta el 29 de septiembre de 2016 inclusive.
page2image768

Cuarto. Componentes de las ayudas y cuantías. 

- Enseñanza: hasta 862,00 euros.
- Transporte interurbano: hasta 617,00 euros.
- Comedor escolar: hasta 574,00 euros.

- Residencia escolar: hasta 1.795,00 euros.
page2image4648
-Transporte para traslado de fin de semana de alumnos internos en centros de educación especial: hasta 442,00 euros.
- Transporte urbano: hasta 308,00 euros.
- Libros y material didáctico:
Educación Primaria, Educación Secundaria Obligatoria, Formación Profesional Básica y Formación para la transición a la vida adulta: hasta 105,00 euros.
Resto de niveles de la enseñanza post-obligatoria: hasta 204,00 euros.
- Reeducación pedagógica o del lenguaje: hasta 913,00 euros para cada una de ellas.
Los subsidios podrán concederse únicamente para los conceptos de transporte interurbano o urbano y comedor y por las mismas cuantías señaladas para éstos en las ayudas.
Ayuda a los alumnos con necesidad específica de apoyo educativo asociada a altas capacidades intelectuales, una cantidad máxima de 913,00 euros.

Quinto. Información sobre la tramitación de la ayuda.

La información sobre el estado de tramitación del procedimiento podrá consultarse a través de la dirección electrónica https://sede.educacion.gob.es. Asimismo, los interesados podrán dirigirse a la unidad de becas de la provincia correspondiente. El expediente se identificará por el nombre del solicitante de la ayuda o subsidio.
Madrid,, 27 de julio de 2016.- El Secretario de Estado de Educación, Formación Profesional y Universidades 
(P.S. DA5a del Real Decreto 257/2012, de 27 de enero) El Director General de Evaluación y Cooperación 
Territorial, José Luis Blanco López. 

mércores, 7 de setembro de 2016

NOVO CURSO

Xa non queda na para comezar un novo curso aquí deixámosvos o calendario escolar.


A aula Matinal estará dispoñible desde o 12 de setembro en horario de 8 a 9.






xoves, 1 de setembro de 2016

PROGRAMA MUNICIPAL DE ESCOLAS DEPORTIVAS 2016/2017

Reserva de alumnos antigos por correo electrónico desde ou 1 de Setembro de 2016 ata as 23:59 do 11 de Setembro 2016.
Inscrición de alumnos novos comeza o 14 de setembro ata o 28 de setembro.

 Ligazón páxina Concello de Vigo